Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A xornalista e cineasta Margarita Ledo. | // Xosé Castro.

Mostra de Teatro

“As mulleres están esixindo o que lles pertence”

A realidade das mulleres e a perspectiva de xénero son dous elementos intrínsecos á traxectoria de Margarita Ledo. Este é o motivo que fai que esta noite [22.30 horas] sexa galardoada no Auditorio co Premio Mulleres en Acción 2021. Estes premios, que viron a luz por primeira vez no 2012, teñen como meta homenaxear a diferentes persoalidades que contribúen a implantar a igualdade de xénero na sociedade.

Margarita Ledo conformouse durante anos como unha pioneira en incluír o pensamento feminista no ámbito cultural e audiovisual. Agora, a lucense vén de culminar a súa traxectoria coa estrea de “Nación”, un filme sobre mulleres que se enfrontan á precariedade laboral.

–Que significa para vostede, tan comprometida coa relidade feminina, recibir un premio como Mulleres en Acción 2021?

–Gústame por varias razóns. A primeira delas é porque me gusta o Festival de Teatro Cómico e Festivo xa que a acción ten que ver sempre coa festa, sexa cal sexa. A festa é vista como un concepto adherido ao movemento e á necesidade de intervir para mudar as cousas. É un elemento que contempla o dereito a expresarse e tamén inclúe a reivindicación do corpo. Nós, desde a perspectiva de xénero, traballamos desde o punto de vista do corpo das mulleres. Un corpo tan sometido que soubo dicir non e que agora se está mostrando e esixindo o que lle pertence.

–Cal é a situación que vive a muller no sector audivisual e tamén no dramático?

–A palabra que me vén primeiro á mente é a precariedade, a falta de atención desde as políticas públicas dunha maneira continuada. Precisamente, o teatro coñece ben o que signfica isto para a sociedade. Tanto o mundo audiovisual como o teatral están moi comprometidos consigo mesmo, coa sociedade de pertenza, coa lingua... Polo tanto, son ámbitos que deben estar aí. Todas as persoas, dunha maneira directa ou indirecta, somos parte da construcción desa cultura.

–Vostede tamén apostou pola perspectiva de xénero na súa obra cinematográfica, “Nación”. Un filme que lle otorgou o premio á mellor dirección no Festival de Sevilla. Como aborda esta obra a perspectiva de xénero?

–“Nación” é unha película de mulleres, de mulleres expulsadas do seu traballo e que non se resignan. Mulleres valentes que ensinan os dentes tanto para reclamar como para rir. Son mulleres que se apoderan da súa propia independencia e da súa propia autoestima na fábrica. Son expulsadas, algo que sucede nos sectores máis precarizados nos que se atopa a muller. É unha consecuencia da inxustiza das crises do capitalismo. Na película, os personaxes femininos son corpos enteiros que saben expresarse e falar, contarnos as súas experiencias. Recóllense as súas vivencias neses momentos tan duros de resistencia para vencellalos tamén a outros aspectos parelos á cuestión puramente laboral e que teñen que ver con outros sistemas de opresión ás mulleres. É un filme feminista e moi recoñecido, o que me fai sentirme moi orgullosa.

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.