Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Batallón do Morrazo

Aproveitando a efeméride da Reconquista, o investigador Xosé Carlos Villaverde, narra a contribución local na Guerra da Independencia

O comadante Gago de Mendoza participou e dirixiu as milicias en moitas contendas contra os franceses, principalmente en Pontevedra, Pontesampaio e Vigo. Despois da liberación de Vigo, integrouse no Batallón do Morrazo.

Case a finais de xaneiro de 1809 os galos tiñan controlado a capital e o sur da provincia pontevedresa. Catro meses máis tarde a Xunta Central do Reino de Galicia decide reestruturar o exército por orde do comisionado e tenente Coronel Manuel García del Barrio, que dicide o día 20 de abril, nomear a Joaquín Guijarro como comandante para organizar o Batallón de Cazadores Voluntarios de Morrazo, con oficiais da propia zona, tales como o capitán Benito Saavedra, ligado á casa do Rosal (Moaña).

Tenente xeneral Marqués de la Romana

Tenente xeneral Marqués de la Romana

En xaneiro de 1809, Joaquín Guijarro, procedente de Cataluña, veu destinado a Pontevedra para curarse de varias feridas, pero debido á proximidade dos franceses foi atendido no Grove. Pronto recuperou, e a partir de febreiro xa se encargou das milicias de Cambados e Corcubión. O día 24 de abril, seguindo o mandato de García del Barrio, Guijarro convoca a todos habitantes do Morrazo á concentrarse na vila de Cangas para lanzar unha proclama cara a alistarse e formar o Batallón do Morrazo. O mitin foi dado con carácter castrense e de ardor patriótico con ataques incendiarios –nunca mellor dito- contra os considerados traidores “...En nada me engañé, pues luego supisteis mi objeto y autoridad con que hallaba esta patriótica Junta rebosaba de alegría, y vosotros a tropel os presentábais a ser alistados en el imbencible Batallón de Cazadores de Morrazo...Si los Desertores dispersos del Exército...que deven entrar en el alistamiento...y no lo han hecho con otros Egoistas y Españoles degenarados ... deveis mirar con horror y huir den su compañía... ofreciéndoos yo, por mi parte les añadiré el irresistible de incendiar sus hogares”.

Sinatura de Joaquín Guijarro. | // ARQUIVO DO AUTOR

Campañas

Despois da arenga, Guijarro consegue unha forza de 747 homes, a maioría procedentes das alarmas do comandante Gago de Mendoza, para participar en varias campañas dentro e fóra de Galicia. De feito o capitán xeral de Galicia, o marqués de la Romana, o testifica nun escrito dirixido aos vogais e deputados da Xunta Superior do Reino de Galicia.

Nese escrito, asinado en abril de 1810 dende o cuartel de Badaxoz, De La Romana destaca que o Batallón de Morrazo esta cuberto de gloria dende seu nacemento obtendo a coroa de loureiro na reconquista da cidade Santiago e na defensa memorable de Pontesampaio, onde o conde de Noroña recomendoulle ao rei Fernando VII o ascenso ao grao de coronel a Joaquín Guijaro polo tesón que súa xente defendeu a beirada esquerda da ponte. Tamén remarcou De La Romana a participación do partido do Morrazo na liberación da vila de Vigo e control feito con lanchas cheas de xente armada para obrigar á rendicións dos inimigos.

Sinatura do marqués De la Romana. | // ARQUIVO DO AUTOIR

O Batallón de Morrazo pasou a formar parte da División do Miño despois da reconquista de Vigo baixo as ordes do xeneral Martín de la Carrera e alén de Galicia, xa en 1810, unificouse ao rexemento de Lobeira, Monforte e La Unión, sendo os de Monforte e Morrazo considerados como batallóns lixeiros de infantería con 600 homes que participaron na vitoria en Tamames e na derrota en Badaxoz. Combateron tamén nas recuperacións de A Bañeza, Carpio e Alba de Tormes.

Foi exemplar

Resaltou sempre Guijarro que, ademais de seus soldados, foi exemplar o procedemento das xentes desta comarca, contribuíndo na corpo da reserva, proporcionando víveres ós comisionados e evitando que os inimigos penetraran, nin un palmo, neste territorio.

En 1810, debido ás doenzas, Joaquín Guijarro foi destinado en calidade de sarxento maior ao Rexemento Provisional de Betanzos, e dende alí, en conexión con De La Romana que residía no cuartel de Badaxoz, intentaron reiteradamente que o Batallón de Morrazo tivera un recoñecemento histórico asociando seu nome ao de Rexemento Provincial de Pontevedra, pero tanto o axuntamento de Pontevedra como a Xunta Superior do Reino de Galicia, amparándose no informe do concello pontevedrés, puxeron trabas para declinar a demanda.

(Agradecemento a Manuel Uxío García Barreiro que aportou a documentación obtida no Arquivo do Reino de Galicia. Lembrar que Galicia foi o único territorio de Europa que mantivo o status de reino dende os romanos/suevos ata a constitución de 1812).

(*) Investigador de Moaña e embro da Agrupación Cultural Nós.

Compartir el artículo

stats