Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Denuncias dos cirurxáns contra os barbeiros sacamoas

A restrición de oficios sen o título outorgado polo Protomedicator daría pé a denuncias dos cirurxáns examinados por este tribunal contra os barbeiros sacamoas que realizaban o oficio por tradición familiar ou traballando como aprendices. Durante os séculos XVII-XVIII e XIX constan varias denuncias por intrusismo e falta de título e nunha destas, un barbeiro sacamoas que exercía na casa e nas feiras tén que defenderse ante o impedimento que lle poñen a practicar esta profesión e incluso barbear e cortar o cabelo.

No seu alegato, o barbeiro di que o seu éxito está na sua pericia e non entende a denuncia dos cirurxáns titulado cuxas funcións deben ser outras. Expón tamén que os cirurxáns tamén afeitan cando interveñen a un enfermo sen ter título de barbeiro e que se queren afeitar deberían pasar un exame para mostrar a sua habilidade en rasurar, cortar callos ou peinar pelucas. Contodo, os cirurxáns insisten na sua.

Nestas datas a cirurxía era unha práctica sombría e moitos pacentes non sobrevivían ao se desangrar ou infectárense as feridas.

Prácticas médicas

Ata mediados deste século XIX non se descubriu a relación entre asepsia e supervivencia e a falta de anestésicos, a penas se usaba o éter, obrigaba aos cirurxáns a traballar rápido. Ata finais deste século non se usaron as batas e puchos nas operacións pero as luvas e os tapabocas ainda tardarín en implantarse. As samesugas usábanse para extraer sangue antes das operacións e calquera fractura aberta obrigaba á amputación e non se practicaban cirurxías internas pois non había antibióticos para combater as infeccións. O cirurxáns tiñan menos prestixio que os médicos e a sua consideración popular era semellante á dun carniceiro mais, contodo, adoitaban lucir con fachenda as suas levitas con manchas de sangue. As hemorraxias profusas cauterizábanse cun ferro candente ou con aceite fervendo.

Compartir el artículo

stats