Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Unha xornada de portas abertas na Casa Museo A Mangallona, en Coiro. // G.Núñez

Xornada de portas abertas para celebrar os 30 anos da Mangallona

A casa museo de Camilo Camaño pecha mañá osseus actos de aniversario

A Casa Museo de Camaño Xestido "A Mangallona" culmina mañá os actos cos que celebra o seu 30 aniversario. Este espazo serviu primeiro como obradoiro do artista cangués e en novembro de 1989 abriu as súas portas co obxectivo de ser "unha fiestra aberta á Humanidade" e acollendo encontros nacionais e internacionais, obradoiros e actividades culturais do máis diversas. Mañá domingo haberá unha nova xornada de portas abertas, con actividades en horario matinal e de tarde.

Os actos comezarán a partir das 11.00 horas coa apertura de portas e recepción aos asistentes. Ás 11.15 horas haberá unha proxección audiovisual e intervencións ao redor do conxunto museístico, ao que seguirá unha visita guiada polas once salas da casa museo. Pola tarde a apertura será ás 17.00 horas e en primeiro lugar haberá novamente unha proxección e unha serie de intervencións ao redor da arte, a natureza e o cambio climático. Ás 17.30 horas haberá outra visita guiada polas instalacións.

Desde a apertura das súas portas hai xa tres décadas pola Mangallona teñen pasado gran cantidade de persoeiros do mundo da arte e da cultura: integrantes do grupo Brais Pintos, como Bernardino Graña ou Méndez Ferrín; intelectuais como Conchita ou Salomé de Unamuno, Luis Suardíaz, Manolo Rivas, Octavio Borges, Angel Augier ou Tatiana e Alexandre Katchelaeva; ou artistas como Moncada, Millet, Karel Berleg ou Vando Figueiredo. Tamén representantes de entidades e institucións de todo o o mundo, como a Kingston University, Texas, Río de Janeiro ou Paraná.

O artista Camilo Camaño defende que neste espazo hai unha "filosofía profunda", seguramente "utópica" pero a cal non renuncia: a pricura dun mundo máis xusto e máis humano. "A arte non debe quedar nun placer estéril, a arte ten que conlevar un fondo compromiso que incida na mellora social", argumenta.

A xornada de portas abertas de mañá domingo da por concluído o programa de visitas deste ano, que arrancou no mes de maio coa celebración do Día Mundial dos Museos. Na edición deste ano distinguiuse e recoñeceuse á Fundación Bienal Internacional de Arte de Cerveira, xa que se trata da bienal máis antiga da Península Ibérica, amais de ser unha das citas senlleiras e máis recoñecidas en Europa.

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.