Nacionalista leal e convencido
A tardiña de onte trouxo a mala nova do pasamento do noso compañeiro Uxío V. Piñeiro Costa. Trátase dunha perda irreparable para todos os seus compañeiros e compañeiras do BNG do Morrazo no que "Geno" desempeñou diferentes postos de responsabilidade, entre eles o de responsable comarcal.
Foi un nacionalista leal e convencido, divulgando o seu amor pola Patria tanto no eido político, coma no social e da cultura. O Morrazo en xeral, e Moaña en particular, débenlle moito do rebulir cultural e da recuperación das tradicións máis nosas.
Os seus compañeiros e compañeiras do BNG do Morrazo sempre lle agradeceremos o seu entusiasmo e a súa entrega á causa do nacionalismo dentro das siglas do BNG.
Toda a militancia do BNG comarcal acompaña á súa familia nestes duros e tristes momentos e o seu espírito de loita nacionalista permanecerá sempre entre nós.
(BNG do Morrazo)
Temas
Más en Morrazo
-
Últimas noticias de O Morrazo, de Cangas, Moaña y Bueu, hoy en directo
-
Últimas noticias hoy en directo de O Morrazo
-
El Juzgado anula una multa de la Xunta a Cangas por vertidos al Orxas que eran de la Casa do Mar
-
La ejecutiva socialista aprueba las negociaciones en torno al presupuesto que mantienen gobierno y AV