Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Portada de "A fraga encantada" ilustrada por alumnado de Cangas.

Un diálogo entre O Sapoconcho e A Curuxa, de "A fraga encantada"

(Aparece o Sapoconcho, que anda paseniño pola escena e amosa con gracia a súa cabeza fóra da cuncha. Chega voando a Curuxa. O Sapoconcho colle medo e garda a cabeza)

A Curuxa: (Onomatopea) E para onde vai a estas horas don Brais?

Sapoconcho: Ando na procura da miña xente!

A Curuxa: (Onomatopea) Da túa xente! (Risas) Non sabe o señor da nugalla que aínda é cedo para andar de leria?

Sapoconcho: Vaites, vaites coa traballadora do lugar, que polo día dorme e pola noite anda a a cantaruxar. (Despois dun anaquiño e namentres a Curuxa segue a voar e sen dar creto ó Sapoconcho) Oes, para aquí e dime por qué me chamas Brais?

A Curuxa: (Riseira e sen deixar de se mover) Brais chámase o sono, Brais a nugalla, Brais o medo, Brais?chámaste ti!

Sapoconcho: Pois éche un nome ben bonito, un nome fino. Semella doutro mundo!

A Curuxa:Pois claro que é doutro mundo, coma ti. Ou é que coidas que ese xeito de andar coa casa ó lombo pode ser de xente cun chisco de civilización?...

Sapoconcho: Vaites, que aínda es ben sabida, para non ter ido máis ca dúas veces á escola éche saber dabondo, si señor. Estou pasmado coa túa intelixencia civilizada.

A Curuxa: Non me ténte-lo xenio; ben sabes que onde poño o ollo tamén poño o peteiro.

Sapoconcho: Pois ora a ver se peteiras aquí, no meu lombo; deixo que peteires canto queiras; e ata pode que afíes nel ese teu peteiro feo.

A Curuxa: Para poder contigo só me cómpren estas unllas (amósaas); despois de terchas espetado levaríate voando, voando, ata deixar que caese contra o chan (risas de novo); escacharías coma un ovo.

Sapoconcho: Abonda de risas. Non vaia ser que me cabree e poña enriba da túa cabeza o meu pé; deixarías de ser paxaro para converterte nun farrapo; si, iso, nun farrapo.

A Curuxa: Ai, o señor quere loita, pídelle o corpo loita; pois se a quere témola, señor, que ata pode que me sirva de risa. (Onomatopea).'

Sapoconcho: Cando ha de ser logo esa loita? Veña, axiña, que xa me tarda en sabelo.

A Curuxa: E vostede quere agora mesmo? Pois agora mesmo pode ser!..

Sapoconcho: Agarda, vou pensar ( silencio cativo). E se deixamos que se faga o albor?

A Curuxa: Hui, daquela non, Braisiño; podería voar contigo moi alto, moi alto, entendes? As curuxas vemos pouco polo día.

Sapoconcho: Pois se esa vai se-la túa vitoria, xa está; que tamén eu quero viaxar por aló enriba. Non sabes que teño irmáns que andan polo mar? Pois eu andaría polo aire?(Risas)

A Curuxa: A túa ía ser unha viaxe ben cativa:subirías, subirías? e axiña, zas! Velaivai o que a vella ten! Esnafradiño no chan!

Sapoconcho: Oes? E sabes o que estou pensando? Que se es tan valente ata poderías levar tamén ó Xigantón, o é que non te atreves con el?

A Curuxa: O Xigantón con ergue-los brazos xa chega ó ceo, non é coma ti; amais ten avións. Esquécete del e non escapes do que viñamos falando. Vai ou non vai a loita?

Sapoconcho: (Con moita sorna) Mira, Curuxa, ti es a miña amiga, non si? Non é mellor que teñamos unha festa?

A Curuxa: Unha festa? Pois tes razón! (Onomatopea) Pero ha ser de noite, cando chegue a lúa ó bosque, cando veña o Xigantón para a súa casa, cando durma o sol, cando o ceo teña estrelas, moitas estrelas que nos dean luz?

Sapoconcho: Pois iso está feito, recoiro! Xa dicía eu que ti eras unha boa amiga; pero, sabes? Iso de que sexa de noite?

A Curuxa: Xa tes medo?

Sapoconcho: Non, non, é que verás, puidese ser que non houbese estrelas,que zoase o vento?

A Curuxa: Cala! Que pareces un medoñento? Sempre temos que ser nós as valentes?

Sapoconcho: Anda, non te cabrees; farase como ti queiras; de día? Pois de día; de noite?pois de noite. Por iso non teremos preito.

(Vanse os dous da escena, cada un pola súa banda. Música leda. Entra o Xigantón asubiando. Pasma arredor)

Nota: Este libro pode atoparse no Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.