O gaiteiro e mestre artesán Xabier Blanco participou este fin de semana na XII Mostra de Artesáns e Instrumentos que se celebrou dentro da Feira e Festa da Música e da Arte "Pardiñas 2005", no municipio lucense de Guitiriz, un evento ó que asistiron milleiros de persoas e no que compartiu escenario con máis de douscentos artesáns o longo de dúas xornadas festivas.

O propio Blanco tildou como "moi interesente" o seu paso por un festival que abriu Uxía Senlle co seu pregón e o que foi invitado pola Asociación de Gaiteiros de Galicia, que promove esta iniciativa. O concerto do artesán e gaiteiro moañés tivo lugar o sábado, o primero dos dous días en que se desenvolveu esta cita coa tradición.

Os Carunchos

O marxe da súa presencia en Pardiñas, Xabier Blanco ven de colaborar no último traballo discográfico de Os Carunchos, para os que grabou a peza titulada "Montealegre", un nome que finalmente foi utilizado polo grupo para dar título o seu Cd.

Ademáis, o artista moañés proseguirá en breve coias súas representacións didácticas sobre os instrumentos tradicionais. En concreto, ten previstas un total de vintetrés intervencións que se desenvolverán por toda a península ibérica, chegando ata o país veciño de Portugal. Será a partires de outubro e esta labor ocuparalle prácticamente un ano.

Finalmente, Xabier Blanco anunciou onte a súa intención de comenzar a preparar un novo traballo discográfico que será o terceiro na súa carreira, pero para o que aínda non hai data. O mestre de Domaio distínguese por ser o único en toda Galicia que fai traballos relacionados coa música de raíz.