O sector do cerco frota que xestiona as cotas pesqueiras de forma conxunta contaba con poder aproveitar o remanente de 200 toneladas de bocarte do ano pasado na zona IXa, ó sur de Fisterra. A Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga) esperaba que a Secretaría General de Pesca habilitase á dispoñibilidade da cota. "Contabamos con tela xa para estos dous días de Semana Santa", indicaba o portavoz da agrupación, Andrés García. O sector agarda agora que cando reabra a pesquera "non sexa moi tarde" e a especie continúe coa abundancia actual.

O Goberno central pechou a pesquería do bocarte o pasado xoves a partir das 15 horas despois de que o cerco esgotara o escaso cupo de 68,1 toneladas.