El movimiento comunal de Vigo despidió hoy a Carlos Alonso Comesaña, expresidente de la Comunidad de Montes de Comesaña, al que definen como “destacado participante del impulso de los montes de Vigo como espacio de bienestar para su parroquia y para la ciudad”.

El presidente de Montes de Vigo, Uxío González, junto con los responsables de la Comunidad de Comesaña y el Centro Veciñal Nautilius, Apolinar Lorenzo y Elisa Castro, destacan en un escrito conjunto que fue “un auténtico ejemplo de la fuerza del compromiso social silencioso” y que su “vida de entrega” constituye un referente para el trabajo comunitario.

A continuación reproducimos el texto íntegro del In Memoriam publicado por los citados directivos comuneros en la web enmontesdevigo.org:

"A FORZA DO COMPROMISO SOCIAL SILENCIOSO. CARLOS DE COMESAÑA

Hoxe é un día para lembrar a noso querido compañeiro Carlos Alonso Comesaña (1948-6 novembro de 2021), un auténtico exemplo da forza do compromiso social silencioso, en primeiro lugar pola súa parroquia, San Andrés de Comesaña, e, dende aí, pola cidade de Vigo. 

Poucas veces te atopas no camiño cunha persoa cunha forza como a de Carlos, que sempre de xeito positivo, sosegado e firme estivo en disposición de empuxar, colaborar ou simplemente facer un comentario alentador para que no seu arredor a sociedade florecera. Isto foi unha constante na súa vida. 

Primeiro no Comesaña Sporting Club, decano do atletismo galego, onde foi destacado deportista, para logo pasar a ser directivo e crear, xunto ao seu irmán, o Memorial Belarmino Alonso en recordo do seu pai e fundador. Na sección historia da web do clube fan un detallado resumo dos máis de 100 anos de vida do mesmo e da intensa actividade de Carlos.

"Entre outras batallas nas que participou foi a construción da actual sede e actual centro social e de participación cidadá da parroquia"

Logo como diretivo na Asociación Veciñal e no Centro Cultural de Comesaña, agora fusionados no Centro Veciñal Nautilius de Comesaña grazas á súa persistencia en que o movemento veciñal e cultural perviviran. Entre outras batallas nas que participou foi a construción da actual sede e actual centro social e de participación cidadá da parroquia.

Finalmente a súa enerxía permitiulle asumir a presidencia da Comunidade de Montes de Comesaña, dende a que participou activamente como membro da Mancomunidade de Montes de Vigo.

O resultado deste compromiso social son as múltiples contribucións á mellora da súa parroquia cando participaba nos inicios do movemento veciñal nos anos 80 e 90. Que dicir sobre a defensa que fixo do monte comunal de Comesaña cando tivo que porse ao frente das dificultosas expropiacións do monte da parroquia derivado a construción da VG-20 ou cando en outubro de 2017 (van facer catro anos o día 15) ardeu caseque a totalidade do monte da parroquia. 

A calquera outra persoa acabaría por afundila ver como o traballo de tanto tempo se esfumaba nunhas horas, e nembargantes, Carlos pronto se ergueu e se puxo ao frente das persoas voluntarias que axudaron a repartir palla para evitar as escorrentías nas ladeiras do monte. Ou cando durante os seguintes meses, despois da catástrofe, se empezaron a organizar novas plantacións -a foto que acompaña é de un deses momentos en febreiro de 2020, posiblemente dos últimos antes de agravarse a súa enfermidade-.

O máis chamativo do seu xeito de actuar era que empregaba o silencio como forma de comunicarse e convencer. Nunca se alteraba, non era o primeiro en falar, non pretendía sentar cátedra, pero sempre que participaba nas xuntanzas veciñais e, nos últimos anos, nas xuntanzas da Mancomunidade de Montes de Vigo, aportaba cordura, talante construtivo e unha visión crítica da realidade: algo envidiable e moi inspirador. E, sobre todo, logo, de xeito discreto, actuaba consecuentemente coa achega que estaba ao seu alcance.

A verdade é que “Carlos de Comesaña” deixou unha fonda pegada nos camiños polos que fixo a súa andaina, semellante as “rilleiras” que os carros deixaron na rocha nun dos tramos do sendeiro local de Comesaña. Servan estas liñas de lembranza para unha vida de entrega e de espello ao que mirar para seguir crendo no traballo comunitario como única forma de progreso. Amén"