A primeira fin de semana de maio, o grupo madrileño Taburete subíase á terraza do Mar de Vigo para inaugurar oficialmente a segunda edición do Festival TerraCeo. Dende entón, e ata a presentación de Juancho Marqués na primeira fin de semana de xuño, celebráronse doce concertos que congregaron preto de 6.000 persoas.