Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Bo e xeneroso

A Asociación Cultural “Pertenza”, no ciclo de conferencias do 2013, tivo como invitado de honra o profesor e historiador Dr. Xosé Ramón Iglesias Veiga, mestre do IES Pino Manso de O Porriño e membro do Instituto de Estudos Vigueses (IEV), en decembro de 2013, para unha conferencia no hotel Los Galeones sobre: “Arquitectura e indianos na cidade de Vigo e bisbarra”. En 2018, intervirán os profesores Xosé Manuel Souto da UV, co tema: “Explicación histórica da organización territorial en Vigo” e Xoán Carmona da USC, que expón: “A formación do Vigo moderno: os anos decisivos”. Baseándonos nestes temas Pertenza elabora o proxecto: “Arquitectura Industrial Viguesa. Factoría de Bernardo Alfageme”, de cara a sensibilizar as viguesas da súa conservación e rehabilitación, coa complicidade de asociacións culturais e veciñais que se sumasen ao proxecto.

Xosé Ramón, ademais do libro titulo da fermosísima conferencia aludida conta con obras como: “Arquitectura indiana ou Antonio Palacios”; “Patrimonio arquitectónico da área olívica” e a súa recente colaboración con Xoán Carmona e Mariña López: “ALFAGEME. Historia e memoria, editada polo IEV, 2020”.

Xosé R., tiña estudos salientables sobre a arquitectura industrial, como gran coñecedor de Antonio Palacios e Gómez Román. Toma como exemplo a conservar o edificio Alfageme e colabora na Memoria – Proxecto de Pertenza: “Arquitectura Industrial Viguesa. Factoría Bernardo Alfageme”, a través do seu traballo: “Alfageme, notable exemplo de arquitectura industrial”, no cal fala dos Alfageme en Vigo, da construción da factoría en Bouzas (1927), a elección de Gómez Román así como da arquitectura como valor iconográfico dunha marca.

Pertenza, solicitou información de como se podía conservas un proxecto desa envergadura asesorándose co Comité Nacional Español de ICOMOS. A referencia o complexo: “Darwin, o eco-paraíso creativo de Burdeos”. Era decisivo preservar Alfageme, e a mellor maneira declaralo Ben de Interese Cultural (BIC).

Xosé R., era coñecedor deste proxecto e o seu consello: “Facer un traballo discreto, ben asesorado e documentado ca colaboración dos vigueses, e sobre todo os veciños de Bouzas (moitos deles traballadores nunha fabrica icónica da arquitectura industrial viguesa), concello de Vigo e Xunta de Galicia”. Mariña López directora do Museo ANFACO, Xoán Carmona, e Xosé Ramón Iglesias, aportaron toda unha serie de datos nunha Mesa Redonda (2019), organizada polo Ateneo Atlántico no Liceo Marítimo de Bouzas, destacando que a Normativa do Catálogo de Bens Culturais do Concello de Vigo no seu Art. 6.3, fala de que: “As obras que se efectúen nos edificios...conxuntos afectados por este grao de protección...deberan adecuarse aos usos e costumes actuais sen perda dos valores ambientais e tipolóxicos que posúen”. O Grao de protección Ambiental 1 permitiría obras de ampliación e reestruturación, iso si adaptadas a toda unha serie de condicións.

Pertenza, considera a Xosé Ramón Iglesias Veiga, como bo e xeneroso. QDE.

*En nome e Membro da Asociación Cultural “Pertenza

Compartir el artículo

stats