21 de julio de 2007
21.07.2007

Silvia Rodríguez, alcaldesa socialista de Portomarín (Lugo): "Cobro menos de mil euros e teño que vivir coa miña familia"

21.07.2007 | 02:00
Silvia Rodríguez.

"Non creo que teña problemas porque xa estou acostumada a cobrar iso e menos", asegura.

Silvia Rodríguez, unha moza de 30 anos licenciada en Historia, afronta o reto de dirixir o Concello de Portomarín, en sustitución do anterior alcalde, o popular Elois Rodríguez, que estivo 29 anos no poder. A labor da nova rexedora socialista non vai ser fácil nunha corporación con 3 edís do PSOE, 2 do BNG e 4 do PP. Ademáis, terá que conformarse cun soldo "mileurista" despois de que se aprobara no pleno municipal unha rebaixa do seu salario impulsada polo Partido Popular que contou coa abstención do Bloque. Cree que cobrar uns 900 euros netos non vai a ser un atranco.
"En Galicia estamos acostumados a soldos menos que mileuristas", asegura, aínda que iso lle impide abandonar a casa dos pais. Lonxe desa cifra quedan as retribucións de outros alcaldes como a de Sanxenxo que chega ata os 78.000 euros. A poucos kilómetros outro rexedor, o de Xove, doutra pequena localidade lucense, adxudicouse un salario bruto anual que ascende a 54.600 euros.
- Como lle afectará este recorte do soldo?
- Non creo que teña problema porque a xente nova xa estamos acostumados a cobrar iso e menos. Eu xa traballei como becaria, con contratos de poucos meses, como documentalista e en traballos relacionados co patrimonio.
- É un pouco xusto para alugar un piso, non?
- Sí pero eu vivo coa miña familia. Somos 5 na casa e non me plantexo vivir pola miña conta aínda que xa o fixen cando traballaba fóra.
- Tamén prepara oposicións.
-Sí, para secundaria, prepareinas un ano nunha academia pero non me presentei polas eleccións locais. Pensaba que si non saía unha cousa sairía outra. Agora seguirei estudiando nas horas libres. Así asegúrome un traballo para o futuro. Só penso nesta lexislatura, non me plantexo que ocorrerá nun futuro político.
- Como senta ser a única muller na corporación municipal de Portomarín?
- O son dende hai catro anos cando estaba na oposición, pero na nosa lista había moitas mulleres. Ven con sorpresa que alguén coma min goberne, pero é cuestión de tempo.
- Leva a política nos xenes?
- O meu visabó, Manuel Rodríguez, foi alcalde nos anos vinte, e o meu abó e o meu pai foron concelleiros. Xa é algo normal.
- E preparando oposicións e encargándose do concello, quédalle tempo libre?
- A verdade e que estou moito no concello, pero espero ir de vacacións a algures a finais de ano.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 

En estas fiestas, sobran los motivos para beber elaboraciones de vino gallego. En 2018, Galicia firmó la segunda mejor cosecha de su historiay nuestras bodegas despiden el año con un buen balance en todos los sectores