Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Martiño Noriega | Exalcalde de Santiago e novo portavoz nacional de Anova

“Anova e BNG deben colaborar e por que non facelo nalgunhas candidaturas locais”

“Aspiro a establecer un diálogo nalgún momento con Ana Pontón” | “Teño boa relación con Yolanda Díaz e deséxolle o mellor, pero iso non significa que os nosos espazos coincidan”

Martiño Noriega, na rúa de San Pedro, en Santiago. | // XOÁN ÁLVAREZ

Martiño Noriega regresa á política activa, pero non “á primeira liña”, senón ao traballo de base para reactivar Anova, a formación que impulsou xunto a Xosé Manuel Beiras logo da escisión do BNG. Despois chegaron as mareas e a súa Alcaldía de Santiago, una das “alcadías do cambio” entre 2015 e 2019. Tras perder o bastón de mando, regresou á medicina. Logo de pasar consulta, pide “pechar feridas” co BNG e “colaborar”.

–Por que volve á política?

–É unha toma de responsabilidade nun espazo no que levo participando dez anos.

–Perdeu Anova a súa razón de ser logo das derrotas das mareas e do paso atrás de Beiras ou Antón Sánchez, ao que substitúe como portavoz nacional?

–Non estaría neste espazo político se non crese que hai unha lectura do soberanismo galego complementaria ao hexemónico que ten cousas que dicir.

–Cantos militantes ten agora mesmo Anova?

–Medio milleiro. E temos un patrimonio humano e simbólico que non pode permanecer inutilizado. Hai xente que pasará a ser referenciada como imprescindible como Beiras, a cultura FPG de Méndez Ferrín ou Oriana, o traballo de Antón Sánchez, que tivo un comprtamento impecable, ou xente da cultura como Fernán Vello.

–En FARO, Beiras acusou a Yolanda Díaz de traizoalo. Que opina deste conflito?

–Foi un desencontro, pero Beiras pode coller distancia e recoñecer correctas actuacións dela no Goberno. Iso deuse a nivel galego, a nivel institucional, nos concellos houbo sempre boa relación.

–Que sinte ao ver agora a forza do BNG e que relación vai ter con eles? No Bloque hai quen os culpa da travesía do deserto que tiveron mentres AGE e as mareas tiñan éxito.

–Alégrame que o BNG teña unha posición de alternativa ao PP no país. Non analizo as causas, porque son múltiples, pero son consciente de que hai un espazo á esquerda do PSOE centrado no país que ten unha posición que xustifica calquera esforzo que fixemos outros en calquera momento. Dito isto, Anova ten unha visión máis alternativa. Entendemos que o que pasa en Europa e coa chegada do neofascimo ás institucións e co risco de que chege ao Goberno do Estado, fai falla unha política de impugnación. O cambio non se vai producir por ósmose, haberá que pelexalo. E aí Anova foi quen de mover marcos. Iso facilitou para moita xente desencantada do espazo de En Marea que o paso ao BNG resultase doado.

–Di que o BNG medrou ata 19 deputados polo traballo de Anova?

–Non, pero xente que vota esquerda desencantada co espazo de unidade popular que non viu antinatural votar o BNG.

–Cal vai ser a relación de Anova co BNG?

–Ten que tender á normalización, colaboración e entender que determinadas feridas hai que ilas cicatrizando. E non fago unha tradución ao campo electoral.

–Concrete. Como se podería colaborar? Lembro xenreira contra vostede de moitos cargos do BNG cando era alcalde.

–Seino e vivino. Non esquezo, pero se algo temos que ter é non gardar rancor e debemos ser responsables da maioría social que decide unha opción de esquerdas. Hai que estar por riba diso e ser responsable co país, non axustar contas.

–Pero como poden colaborar?

–Hai que empezar a tender pontes, que están tendidas a nivel de base social. Aspiro a ir establecendo canles de dialogo e, por que non, establecer nalgún momento alguna canle directa con Ana Pontón.

–Incluso unha integración en candidaturas municipais?

–Non. Anova, por sentido común e responsabilidade, practicará unha simetría variable á esquerda do PSOE. Temos que apostar e manternos en candidaturas das mareas nas cidades. Pero hai concellos onde estamos en solitario e temos a alcaldía ou case, Val do Dubra, Teo, Sada... Aí hai proxectos que poden ou non cooperar e logo hai outros espazos onde non se dan as condicións e por que non se vai falar co BNG? Claro que si. Integrarse non é a palabra, pero si cooperar. Baixo principios como a participación cidadá ou a defensa dos servizos públicos, por que non se vai falar?

–Pecharanse as feridas de Amio, a asamblea na que Beiras e vostede marcharon do BNG e crearos Encontro Irmandiño, precedente de Anova?

–Todos debemos facer por superar esas dinámicas e por min non vai quedar. Todas as partes deben ser xenerosas. Anova pagou un gran prezo por ser xenerosa. Preguntábasme antes se temos razón de ser e nunca tivemos oportunidade de testarnos. Sempre estivemos nun rodopío de citas electorais, encontros, frenesí e nunha había tempo para pararse.

Eu con Yolanda teño unha relación boa e deséxolle o mellor. Iso non significa que os nosos espazos acaben coincidindo.

“O sentir de Beiras de non aliarse coa esquerda federal é o maioritario: as condicións cambiaron”

–A quen votaría nas xerais: ao BNG ou a Sumar?

–(Ri) A ningún dos dous porque é un futurible. Creo que hai unha sospeita de que o espazo de Anova está condenado a practicar a maridaxe coa esquerda federal e a situación a día de hoxe mudou.

–Beiras precisamente dixo que non volvería aliarse coa esquerda federal como a que quere liderar Yolanda Díaz.

–O seu sentir é maioritario.

–Séntense traizoado por Podemos e IU?

–Non, pero cambiaron as condicións. Atopamos un espazo de Unidas Podemos con certo retroceso e desgaste froito de erros, ataques, acción de goberno, e logo un proxecto como o de Yolanda que todavía está en construción. Non se sabe se vai contar coas colectividades ou vai ser unha lista de sensibilidades individuais.

–Que lle xenera Sumar? Desconfianza?

–Para nada. Coñezo moita xente de esquerdas que ve niso un xeito de frear a chegada da dereita e a estrema dereita, como moitos ven en Ana Pontón unha alternativa ao PP. Non serei eu que dinamite iso. Nós vimos engadir algo ao debate. Ademais, sempre poño de exemplo a consulta. Non preciso saber o que pensa o meu paciente para atendelo, pero escóitoo. Se antes era consciente da distancia da xente co institucional, agora máis. Dísenos que todo vai ben, pero ves xente que, aínda que no obxectivo non lles vaia mal, personalmente están destruidos. A bomba de reloxeiría que percibes pasando consulta a 40 ou 50 personas ao día é caldo de cultivo para a chegada da dereita e a estrema dereita. Poden votalos por non sentirse representados.

–Presentarase Anova ás autonómicas en solitario?

–Aspiro a que poida xerarse un espazo de impugnación no que poida estar Anova. Logo xa se verá.

–Será candidato nesa cita?

–Nin se valora agora. Pero falamos no 2024 (risas).

Compartir el artículo

stats