Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Juan Díaz Villoslada: "Caballero non facilita a unidade e Leiceaga carece de liderado"

"A renovación nas urbes cara ás eleccións municipais debe ser a liña de traballo na maioróa dos casos"

Juan Díaz Villoslada. // Xoán Álvarez

¿Qué diagnóstico hace del PSdeG?

O PSdeG ven de arrastrar unha situación de interinidade na dirección, e demasiados conflitos internos que están a facer mella na nosa credibilidade. Contamos cunha militancia moi activa para aproveitar a nova oportunidade que vén de abrir o PSOE baixo o liderado de Pedro Sánchez, pero cun relato propio e autónomo.

¿Cuál es su receta para convertir el PSdeG en alternativa al PPdeG?

O PSdeG necesita retomar o rumbo cun proxecto estable a longo prazo, que se acada coa máxima unión, con coherencia e cunha profunda renovación, desde a esquerda e con capacidade para abrirnos á sociedade.

¿Qué ofrece usted al PSdeG que no ofrezcan los otros dos candidatos a secretario xeral?

A miña candidatura ofrece un proxecto de futuro, ilusionante e ambicioso que lle fale de ti a ti ao PP e que deixe atrás as vellas dinámicas que nos fan perder a confianza da cidadanía. Ofrezo osíxeno para abrir o partido á sociedade, cun proxecto galeguista e claramente de esquerdas. Tamén a miña experiencia na xestión pública e na coordinación de equipos.

¿Confrontar o tender puentes con En Marea?

O PSdeG debe traballar para ser a forza maioritaria en Galicia, cun proxecto de futuro avalado pola nosa traxectoria sólida e experiencia de xestión e goberno. Con En Marea debemos tender pontes sempre para facilitar gobernos progresistas buscando puntos en común pero confrontar co que non ten que ver con nós: o rupturismo sen contido ou as posicións soberanistas.

¿Cuál es el mayor mal de Galicia y qué solución le da?

O principal problema de Galicia é a progresiva "desertización" da Galicia interior, que lastra o noso futuro como país. Temos que poñer en marcha de forma urxente apostas estratéxicas para desenvolver oportunidades de emprego que reteñan e atraian poboación.

Si usted fuese alcalde del PSC en Cataluña, ¿sacaría las urnas el 1-0?

Se fose alcalde en Cataluña non poría as urnas o 1-O. Os alcaldes do PSC están a ser un exemplo para todos.

¿Qué pasará el 1-O en Cataluña?

Confío en que o 1-O o civismo prevaleza no marco da legalidade.

¿Comparte usted con Pedro Sánchez que España es una nación con al menos tres naciones, una de ellas Galicia?

Si comparto que España é unha nación con al menos tres nacións, sen que iso supoña, como defende o propio Pedro Sánchez, un plantexamento soberanista. Galicia séntese cómoda como nacionalidade histórica, pero non renuncia a mellorar as súas cotas de autogoberno e o seu marco estatutario nun Estado federal cooperativo.

¿Qué es el galleguismo para usted?

Galeguismo é o convencemento e o recoñecemento de Galicia como comunidade histórica de convivencia.

¿Cuál ha sido el mejor líder que ha tenido el PSdeG hasta hoy?

Emilio Pérez Touriño.

¿Cuál será su primera decisión si gana las elecciones primarias?

Se gaño, o primeiro será deseñar unha nova Executiva eficaz, cohesionada e integradora co primeiro cometido de organizar unha Conferencia Política que relance o proxecto socialista de cara ás eleccións municipais.

¿Qué hará si pierde?

Se perdo, poñereime a disposición do partido e do seu novo secretario xeral.

Valoración de sus dos rivales.

Gonzalo Caballero é un compañeiro con moito ímpetu e perseverancia pero que non tende a facilitar posicións de encontro, de unidade e de estabilidade, algo imprescindible para o PSdeG. Leiceagaé un compañeiro de moita experiencia política e valía intelectual pero carece do liderado necesario para marcar o novo rumbo do PSdeG.

El PSOE de Vigo, la principal ocupación de Galicia, ha optado por la neutralidad. ¿Cómo se ganará su confianza y lo sumará al proyecto, si gana?

Vigo é sempre clave para Galicia. Aposto pola integración de todas as agrupacións para iniciar unha nova etapa.

¿Debe el PSdeG renovar candidatos en las urbes donde no ganó?

Si, a renovación nas urbes debe ser unha liña de traballo na maior parte dos casos. Pero haberá primarias e é a militancia a que decide no Partido Socialista.

¿Era partidario o contrario a que el PSOE se abstuviese en la investidura de Mariano Rajoy?

Fun contrario á abstención na votacion de Mariano Rajoy.

Compartir el artículo

stats