​“Educar é espertar na infancia as súas durmidas facultades e DAR VIDA, MOVEMENTO E ACCIÓN á súa existencia imperfecta aínda”. (San Faustino Míguez)

San Faustino Míguez é unha persoa namorada da educación e ten moi claro que "mentres haxa na terra un corazón, unha conciencia, un carácter, unha vontade, será fermoso, digno e divino, formalos no amor do que é verdadeiro e honesto, no entusiasmo do que é nobre e xeneroso". Con esta convicción funda no ano 1885 o Instituto Calasancio Fillas da Divina Pastora (Relixiosas Calasancias) tendo como criterio a dedicación preferente aos máis desfavorecidos.

Hoxe, dende a atalaia celestial, coida de cada unha das escolas e obras que as Relixiosas Calasancias teñen en España, Chile, Arxentina, Uruguay, Colombia, Nicaragua, Ecuador, Guinea Ecuatorial, Camerún e India.

Deus ponnos a San Faustino Míguez como modelo de persoa que, seguindo o exemplo de Xesús, pasa pola vida facendo o ben a través do seu ministerio educativo, sacerdotal e terapéutico.

No caso da nosa cidade de vigo, o Colexio Concertado Plurilingüe que ten a honra de levar o seu nome Padre Míguez- Calasancias, dedícase a educación dos máis pequenos dende fai máis de 50 anos e atende a alumnos e alumnas a partires dos tres anos de idade (1º de EI) ata 4º da ESO, levando un proxecto vertical, innovador, coherente e sobre todo, volcado a conseguir persoas felices, plenas e conscientes da realidade na que viven.

De ser unha escola para a vida.

  • Dirección: R/ Montecelo 1, 36207, Vigo (Pontevedra)
  • Teléfono: 986 437 723