O colexio Montemogos atópase na localidade de Beluso no concello de Bueu, nunha contorna rural privilexiada pola súa proximidade ao enclave natural de Cabo Udra.

Contamos cun total de 134 alumnos e alumnas, con tres aulas de educación infantil e seis de primaria.

O claustro de profesorado está composto por un total de 15 mestras e mestres que amosan moito interese na participación en diversos proxectos de innovación educativa (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, Seccións Bilingües, Proxecto E-Dixgal, Contratos-Programa: convivencia e PROA, Proxecto Interdisciplinar de Centro “Móllate”, Plan de consumo de froita fresca e leite…).

  • Dirección: Rúa Montemogos s/n (36937) Beluso - Bueu
  • Teléfono: 886 151 115