Na parroquia de Bembrive no barrio de Chans, nunha contorna natural rodeada de vexetación e natureza, a nosa escola goza de marabillosas vistas da cidade e da maxestosa ría. Neste privilexiado lugar unimos esforzos profesorado e familias para construír unha escola:

  • ​Inclusiva, cooperativa e emocionalmente intelixente
  • Participativa e aberta ás familias, á contorna e ás institucións.
  • Disposta a preparar ao alumnado para unha sociedade cambiante.
  • Acolledora, que favoreza ambientes de traballo serenos que faciliten o diálogo e as relacións positivas. 
  • Aberta ao mundo e na que se goce da aprendizaxe.

Para levar adiante este apaixoante proxecto educativo contamos cos seguintes recursos:

  • Un claustro formado por 25 profesores e profesoras no que se valoran, especialmente, as boas relacións, a investigación e a formación.
  • Unhas instalacións nas que ademais das aulas dos distintos cursos temos unha biblioteca, un aula de música, aula de informática, aula de idiomas, aulas de apoio, titorías, aula de psicomotricidade e pavillón polideportivo.
  • Tamén contamos con diversos patios de recreo e xardíns que contan cunha gran variedade de árbores e plantas.
  • Todas as aulas están dotadas de videoproxector, ordenador portátil e conexión a internet.

Outros servizos

  • ​Comedor de xestión directa que elabora diariamente, nas súas instalacións, comida para máis de douscentos alumnos e alumnas, ofrecendo unha dieta equilibrada e de gran calidade. 
  • Transporte escolar, temos seis liñas de autobús: catro percorren distintas zonas do centro de Vigo e dúas a parroquia de Bembrive
  • Servizo de gardería matinal, “Os primeiros da escola”, que funciona dende 7:30 ata as 9.00 horas

Outra información de interese:

  • ​Participación no "Programa Educación Responsable" da Fundación Botín, que promove o desenvolvemento da creatividade e das habilidades socioemocionais.
  • Seccións bilingües. Dende 4º a 6º de primaria a materia de Plástica impártese en Inglés.Participación dende o curso 2009-2010 no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.
  • Grupo de pandereteiras e pandereteiros, Obradoiro de xornalismo …

Visita Faro de Vigo, curso 2016-17

6

Visita Faro de Vigo, curso 2016-17

Visita Faro de Vigo, curso 2015-16

7

Visita Faro de Vigo, curso 2015-16