Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Imaxe do festival do Día Escolar pola Paz no Colegio Vigo.

Luto pola Paz no Colegio Vigo

O Colegio Vigo vestiuse de luto pola paz. "Por desgracia non hai motivos suficientes para festexar este día. Abonda con ver arredor nosa para comprobar que as guerras continúan e os conflictos violentos ameazan o planeta. Pero quizais por este motivo, máis que nunca, as voces dos alumnos queren erguerse este día para manifestar o desexo de ser educados e crecer en paz", subliñan dende o centro. Os alumnos escolleron noticias violentas de diversos xornais e as recortaron en forma de sol para despois pegar enriba delas os lemas de paz coas mellores intencións de mellorar este mundo. Os alumnos de 2º de bacharelato, vestidos de negro sobre o escenario, recollían os soles que os representantes de cada curso portaban. Por un momento sentíronse moi unidos, deixando voar as reflexións ao compás da fermosa letra da canción Imagine de John Lennon. A conmemoración rematou cun alegre cántico a viva voz de Álvaro Soler, Bajo el mismo sol.

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.