Os colexios participantes no proxecto de xornalismo escolar FARO DA ESCOLA xa están mans á obra nesta VII edición. Teñen por diante o reto de deseñar, maquetar e escribir un xornal de 32 páxinas, tarefa nada doada tendo en conta que o xornal incluirá noticias, reportaxes, fotos, tiras cómicas, suplementos... un xornal moi real con historias de cada cole, de cada barrio pero tamén reportaxes de investigación moi ben documentadas, como pode comprobarse no resultado final: eses ‘Faro da Escola’ que se imprimen na rotativa do diario decano e que cada fin de curso se entregan na gala final.

No Colexio Virgen Milagrosa preparan un suplemento infantil partindo do proxecto do cole “Pequechef”, un proxecto no que participan varias asignaturas e o alumnado aprende sobre cociña e alimentos dende varios puntos de vista. Todo isto quedará plasmado no suplemento infantil do seu xornal, un suplemento sobre cociña.

Todas as etapas participan na elaboración do xornal

Neste colexio decidiron que todas as etapas participan na elaboración do xornal, se ben Primaria leva o maior peso do mesmo. Na etapa de Secundaria preparan unha entrevista ao entrenador da selección feminina de Baloncesto. Nos últimos días o alumnado formouse sobre tiras cómicas, a través dun Power Point e do traballo de Luis Davila, ‘O Bichero’. No San Miguel II tamén traballan na edición deste curso, como se pode ver nas fotos que nos envían, así como no CEIP García Barbón: ‘O Faro dos Bicos’, en honra ao Faro que está nas Cíes. “Arte para tod@s” é unha das ideas, citando á pintora Yayoi Kusama, unha artista xaponesa de proxección mundial que padece unha enfermidade mental. A Constitución tamén estará presente.

Alumnado do San Miguel II.

Traballando no xornal deste curso no CEIP García Barbón.