A ditadura do ser
Rescatar a Heidegger

A ditadura do ser / Alfredo Iglesias Diéguez
Alfredo Iglesias Diéguez
En maio de 1933 Martin Heidegger, quen xa publicara o seu Ser e tempo no ano 1927, polo que xa tiña ben definido o seu pensamento, acepta o nomeamento como reitor da Universidade de Friburgo, ocasión que aproveita para pronunciar o famoso discurso do reitorado: A autoafirmación da universidade alemá, no que queda clara a súa tomada de partido a prol do nazismo.
Tendo en conta ese compromiso político, cómpre facerse unha pregunta fundamental: é posible establecer unha nítida liña de demarcación entre o pensamento heideggeriano e Martin Heidegger, o reitor e o militante nazi? Ao longo destes últimos foron moitos os que denunciaron o nazismo de Heidegger, comezando polo seu discípulo, Karl Löwith, e rematando polo profesor González Varela, quen atopa que o pensamento de Heidegger está estreitamente entrelazado coa súa adhesión ao nazismo e o seu profundo antisemitismo, feitos que son determinantes do seu pensamento. No extremo oposto están os apoloxetas, entre outros Otto Pöggeler, Arturo Leyte Coello, Rüdiger Safranski ou Ramón Rodríguez, a quen habería que engadir a Xesús Vázquez Méndez, autor d’ A cuestión política na persoa e no pensamento de Martin Heidegger (Laiovento, 2022), co que pretende rescatar o proxecto filosófico heideggeriano do desastre persoal que supuxo a súa vinculación ao nazismo.
Ora ben, en que consiste ese proxecto ? Na recuperación do ser, que permanece esquecido dende Platón, sendo esa a causa da decadencia de Occidente. En tanto que irracionalista, se para Heidegger o Ser é inalcanzable racionalmente, como se realiza? A resposta, habitual dentro da tradición dualista iniciada con Parménides, é a propia do pensamento elitista, clasista, etnicista e racista de sempre: mediante a encarnación dun suposto espírito nacional que se proxecta a través dos tres poderes platónicos (pobo, estado, universidade) nos individuos, que pertencen a un corpo nacional, que se expresa mediante a actividade política guiada por un lider.

Portada
VÁZQUEZ MÉNDEZ, X., A cuestión política na persoa e no pensamento de Martin Heidegger, Laiovento, Santiago, 2022, PVP. 17.05€
Suscríbete para seguir leyendo
- Un podólogo gallego señala los peores calzados para la fascitis: «Deja de utilizarlas, no sirven para nada»
- Un camionero en pruebas no va a trabajar por enfermedad, le dan la baja, la empresa lo despide y la Justicia la avala
- Una podológa gallega, contundente con llevar crocs en verano: «Lo ideal es que no las utilices»
- Adiós a los toldos: Ikea lanza el nuevo invento para tener sombra en casa durante todo el año
- «Estoy preparando las maletas para mi viaje a la eternidad»
- PAU 2025: Consulta aquí las notas de la selectividad en Galicia
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Las fiestas de Coia, canceladas de forma definitiva: no habrá ni verbena