Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

No retorno de Cómic Barcelona

Crónica da 40ª edición

Perspectiva do Salón do Cómic (Barcelona, 2022)

Comic Barcelona (coñecida ata o 2019 como Saló Internacional del Còmic de Barcelona ou, na cabeza de moitos e moitas, aínda Salón do Cómic) volveu á presencialidade despois de dous anos de celebración en liña e superando a polémica do Gran Premio do ano pasado. Lembremos, outorgaron o galardón a toda unha traxectoria a Antonio Martín (Sevilla, 1939), académico e divulgador, pero non autor, xerando malestar entre o sector e que moitos autores do gremio fosen asinar un manifesto en contra da decisión do Ficomic, entidade que organiza o evento.

Nunca houbo rectificación, pero Ficomic cambiou as bases do Gran Premio para esta edición, tras celebrar varias reunións con asociacións como ACDCómic (críticos e divulgadores), ARGH! (guionistas), ACEE e APCómic (profesionais do cómic). Este xesto non foi suficiente e algúns autores como Mauro Entrialgo ou David Rubín declinaron asistir ao festival. Non obstante, a edición número 40 volveu outra volta á súa antiga casa, o recinto de Montjuïc de Fira Barcelona, entre os días 6 e 8 de maio, co obxectivo de converter o evento non só nunha feira comercial senón nun centro cultural, espazo referencia de encontro no que alcanzar tamén novos públicos. A directora, Meritxell Puig, que chegou en 2019 e viu truncada a súa nova aproximación pola situación sanitaria, e Borja Crespo, director de contidos do evento, destacan que o festival retornoui para centrarse en autores nacionais.

  • The Starring

O cartel deste ano foi deseñado pola ilustradora Carla Berrocal (Madrid, 1983), un deseño retro no que aparece unha ilustradora entregando un cómic a unha nena. A idea: reivindicar a autoría feminina conectando dúas xeracións, a das autoras invisibilizadas e insuficientemente recoñecidas que pasa a testemuña ás novas, reflexo da actual diversidade. Berrocal é a segunda muller que deseña o cartel para o festival, despois de Ana Galvañ (Murcia, 1975) para a 37º edición en 2019.

El Pacto e The

Os premios Comic Barcelona queren recoñecer, promocionar e representar a diversidade de autores e autoras, así como ás editoriais. Os membros do xurado proveñen de diferentes eixos que conforman o gremio. Nesta ocasión foron Mery Cuesta (Bilbao, 1975), crítica e divulgadora de arte, Jordi Costa (Barcelona, 1966), crítico cultural, Ferrán Clavero (Barcelona, 1978), debuxante, Iria Ros (Alemaña, 1987), divulgadora, e Fernando Llor (Vigo, 1982), guionista. Canto ás obras e autores galardoados por categorías foron El Pacto (Editorial Nuevo Nueve), de Paco Sordo como Mellor obra; Piel de Hombre (Norma Editorial), de Hubert e Zanzim, como Mellor obra estranxeira publicada en España; Nicoleta y el misterio del colmillo (Sallybooks), de Katia Klein e Rut Pedreño, como Mellor Cómic Infantil e Xuvenil, Cols Col. 2: Una noche en el infierno, de Clara e Olivia Cábez, como Mellor fanzine. O Premio de Votación Popular outorgouse a THE (Fandogamia), de Manuel Álvarez. Genie Espinosa conseguiu o galardón á Autora Revelación e o Gran Premio á traxectoria recaeu nesta ocasión en Daniel Torres (Valencia, 1958), historietista e ilustrador, devolvendo o prestixio ao premio.

Viñetas de Piel de hombre

Ademais dos esperados galardóns, Cómic Barcelona contou con preto de 180 expositores entre editoriais e librerías, máis que en ningunha das edicións anteriores, e dúas exposicións principais: unha retrospectiva sobre a evolución do cómic ao longo das catro décadas do salón, comisariada por Toni Guiral e unha grande homenaxe ao falecido Miguel Gallardo, comisariada por Roser Messa. Tamén unha pequena mostra do traballo da ilustradora catalana Aroha Travé, que colaborou con El jueves e gañou o premio á autora revelación na pasada edición.

Mantivéronse as seccións “Cómic Pro”, dedicada aos profesionais do cómic; “Cómic Kids”, espazo infantil con contacontos e talleres; e “Cómic Fantasy”, espazo no que conflúen a banda deseñada e os xogos de rol. A elas sumáronse Cómic Vision, creada por Borja Crespo, sobre os vínculos entre o cómic, as películas e as series, unha Zona Podcast e mais a celebración de varios concertos.

Vuelve el Salón del Cómic de Barcelona

Vuelve el Salón del Cómic de Barcelona Agencia ATLAS

Gala especial

Por fin parece que a presencialidade volve aos festivais e eventos culturais, e é por iso que a Deputación de Coruña celebrou unha Gala singular de premios no Teatro Colón o pasado sábado 23 de abril (Día do libro) acollendo as entregas de premios culturais que non puideron celebrarse nos dous anos anteriores por mor da pandemia. “Un recoñecemento a creadores, creadoras e ao sector cultural no seu conxunto”, en palabras de Xurxo Couto, deputado de Cultura.A Gala, conducida polas actrices Carmen Méndez e Lida Veiga, conseguiu xuntar a máis de 30 persoas premiadas e a unhas 150 persoas máis relacionadas co proceso, xestión e execución dos premios de diversas disciplinas. Entre eles, premios dedicados á música (Andrés Gaos de composición musical, Narf para artistas e grupos e o Quero Cantar para bandas infantís e xuvenís), á literatura (Torrente Ballester de narrativa,González Garcés de poesía, Dieste de teatro, Manuel Murguía de ensaio e o Rañiña Lupa de infantil e xuvenil) e á acción cultural (Rosalía de Castro de dinamización da lingua e Begoña Caamaño para a igualdade de xénero). Todas as persoas galardoadas recibiron unha escultura de Soledad Penalta.


Compartir el artículo

stats