Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Oda ao vento eonaviego

Poliédrico creador

Jaloffeim

Pablo Trabadelo (A Veiga, Asturias) asina Jaloffeim, un título que resoa en nós alleo e indescifrable. É un enigma con ecos de lingua nórdica. Velaquí un paradoxo deste poemario, se cadra o non único: a nosa lingua vibra xenuína, con forza, lingua de resistencia sen complexos, nun conxunto de poemas que van presentados por un título estranxeiro ou estraño. Xenuína porque este é o libro dun creador poliédrico que foi escolarizado en castelán no Principado de Asturias “e o galego fun colléndolo según llol sentía á xente que me rodeaba”, sinala Trabadelo na nota preliminar. É o seu primeiro libro en galego. E continúa: “a base é un galego da Fonsagrada ó que non baixan os lobos, máis un galego de navalla de Taramunde, pero tamén hai fala das Figueiras ou d’el Franco e incluso momentos TVG ou intertextualidades voluntarias ou non”. Cómpre lembrar aquí o Dicionario do Galego de Asturias, obra magna de Carlos Xesús Varela Aenlle que foi publicada pola Universidade de Vigo.

O primeiro poema, “Método pró desarraigo,” intérnanos, de cheo, no territorio Jaloffeim. É a visceralidade, o cotián desde as entrañas, a ollada descarnada non ausente de ironía, é a natural presenza da clase obreira e tamén do léxico culto. Como digo: a lingua vibra con forza, sen miramentos. E nela tamén o compromiso cun lugar extraordinario e singular como só pode selo un territorio de fronteira: “Din/os que desarraigaron/que chega con prenderlles ós recordos/lume/para esquecer".

A seguir, sucédese unha serie de odas a temas de distinta natureza que o autor quixo homenaxear, sendo favorita, se mo permiten, a oda aó bisavó estraperlista: “Un vello estraperlista pistoleiro / profano compaño dos lobos / sombrío adalid anoitecido / monteiro ductor cereal / vítore da fame / somenteiro do millo e do centeo / da meseta remota da serra oubeante / baixáchenos ó val misterioso da nebla / as bolas de pan amasadas xa: / sáleche o formento dos dedos”. Velaí abrollan reunidas lingua e poesía.

Jaloffeim

Jaloffeim

TRABADELO, Pablo, Jaloffeim, Toxosoutos, Noa, 2021, PVP. 12€

Compartir el artículo

stats