Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Nun día de escola

Sinxeleza e felicidade

Ilustración de cuberta de "A gran tribo".

Un día de escola convértese para o protagonista do conto que José Carlos Durán vén de publicar en Triqueta Verde Editora nunha xornada divertida ao considerar que forma parte dunha tribo, isto, é, dun grupo no que os seus membros comparten una mesma orixe, certos costumes e tradicións. De feito dende que se ergue o Xefe Lobovalente -o pai- e a Xefa Aguiaguerreira -a nai- emprenden a aventura que os levará a desenvolver as súas capacidades, e, así, realizan actividades precisas para aprender cancións coas que se saúdan, interiorizan palabras novas coas que se relacionan con outras tribos afastadas, executan bailes cos que se divirten e aprenden pautas de comportamento que lles permiten integrarse no grupo. Todo supervisado pola Xefa Sabetodo -a mestra- que atenta ao que sucede a seu redor se afana en presentar os contidos de forma atractiva para que os cativos sintan e experimenten o desexo de pertencer á tribo.

A perspectiva que presenta o neno nun día de clase non pode ser máis satisfactoria: actitude positiva ante o reto que se lle presenta cada mañá, entorno con iguais favorable, desenvolvemento de tarefas percibidas coma un xogo e modelos que lle gustaría imitar. Velaí a riqueza e velaí as excelencias dun relato que, partindo dun feito do máis cotiá, transforma unha posible experiencia traumática nunha festa da que todos disfrutan: os pequenos porque son os actores e as actrices nesta representación e os maiores porque saben que os seus fillos se senten ben aprendendo. Non precisan nomes, nin escenarios fantásticos para crear ilusión, a felicidade abrolla da sinxeleza do día a día e así o percibirán os primeiros lectores que, guiados polas ilustracións de Leire Martín, poderán sentirse nunha auténtica tribo.

  • ROMÁN, José Carlos, A gran tribo (Ils. Leire Martín), Triqueta Verde, Vigo, 2021. PVP. 15€

Compartir el artículo

stats