Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Nas ás do pensamento crítico

Nova entrega de A trabe

"A trabe de ouro"

Entre o desembrague espazo-temporal e actancial e algunha que outra consideración que ten que ver co modo de enunciación e cunha sorte de fusión de lírica e épica presente no poema ‘Nouturnio’, desenvolve Manuel Forcadela unha minuciosa análise nun artigo no que, baixo o título ‘O rosmar do vello e o “cro, cro” do sapo. A poética do acontecemnto en Curros Enríquez’, é posible recrearse na cadencia temática e entender as claves sociais que imperan na época, sobre todo, a partir da comparación con outros poemas do tamén celanovés C.E.Ferreiro.

"A trabe de ouro"

"A trabe de ouro"

A viaxe que realizou R. Carvalho Calero á Arxentina en 1974 é obxecto de estudo para Antón Capelán. A participación do ferrolán nas Xornadas Patrióticas Galegas, disertando sobre o ‘Pasado, presente e futuro de la lengua gallega’ ou pronunciando a conferencia ‘Desenrolo da cultura galega no século XX’ amosa un compromiso por veces exento de crítica. Unha referencia sobre a colaboración de Carvalho Calero en revistas da emigración en Bos Aires pecha o estudo e manifesta o posicionamento do profesor ante o ideario dos ensaístas de Galaxia cos que se identificaba e a súa oposición á vangarda da Nova Narrativa Galega e mais a literatura social representada por Blanco-Amor e Celso Emilio Ferreiro.

No apartado de Textos destaca ‘Un poeta sueco chamado Álvaro Cunqueiro’, nel salientan Xosé-Henrique Costas e Iria Ledo os desdobramentos identitarios do mindoniense, o uso da alofonía fantástica como xogo no que unha vez máis o fabulador somete o lector.

Un total de dez artigos repartidos en Editorial, Cuestións, Acoutacións, Textos e OPublicacións conforman a Trabe de Ouro 116 e amosan non só a saúde das nosas Letras tanto o que ten a ver coa produción coma a análise que suscita senón tamén a calidade do pensamento máis anovador e as reflexións máis profundas.

VVAA, A trabe de ouro, Atlántica, Santiago de Compostela, PVP. 11,35 €

Compartir el artículo

stats