Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un texto ben axeitado

Novela animalista, novela coral

Un texto ben axeitado

Na actualidade no sistema literario galego abundan os narradores que escriben textos ficcionais de formato amplo, pero son poucos os que adican o seu enxeño creativo ao tratamento de literatura de animais engaiolados en granxas en condición dificilmente imaxinables.Un deles, quizais a excepción, é Xurxo Sierra Veloso que hai unhas semanas publicou nos prelos de Galaxia esta novela que hoxe comento, Benvidos á cidade. O autor, xa cunha ampla experiencia no eido da creación ficcional, agasállanos con esta peza, unha novela “animalista” como ten sido caracterizada.

Xa que logo, a escolla dun narrador experimentado mergúllanos xa de entrada, e aínda sen facer referencia á sinopse da trama, nunha crítica enteiramente xustificada do capitalismo sen escrúpulos e desapiadado que oprime e escraviza os animais para o beneficio das grandes empresas, interesadas unicamente no lucro económico, chegando a inxectar sustancias velenosas nos animais que os fai moito máis perigosos para os seres humanos.A trama da novela comeza presentando distintos personaxes que falan das súas vidas e aconteceres, moitos deles prescindibles para o desenvolvemento da novela, ata que comezan a escoitar na televisión unha nova que informa de que unha granxa de visóns sufriu un asalto e que deixaron ceibes a milleiros de visóns que estaban a ser sometidos a experimentos científicos que os facía medrar a presa e as súas peles brillaban moito máis e de distintas cores. Pero que converte os animais en moi perigosos e agresivos. Intervén a policía para atopar os que liberaron os visóns e evitar o perigo, decidindo que cómpre matar os animais. E como non debo actuar de spoiler e revelar a trama da novela, si me atrevo a aconsellar que paga a pena a súa lectura. Limítome, non entanto, a súa análise.

Benvidos á cidade pode ser inserida dentro do subxénero da novela ecoloxista, pois os animais tamén forman parte, parte esencial, da ecoloxía do planeta. É asemade unha novela cunha manchea de personaxes que a converten nunha novela coral, sen que iso supoña ningún atranco para a súa lectura. A habilidade narrativa de Xurxo Sierra Veloso foi capaz de evitalo.A tonalidade do relato novelesco está en boa parte condicionada polos moitos personaxes que na mesma interveñen e polo mesmo tema da trama. O rexeitamento dos ecoloxistas a ter animais engaiolados para o proveito utilitarista de certas empresas capitalistas. O autor foi capaz de inserir no discurso do narrador principal omnisciente os moitos diálogos dos personaxes secundarios. Ambientes configurados de forma axeitada e personaxes ben delineados. Todo isto, xunto coa novidade do tema, fai aconsellable a lectura desta novela.

SIERRA VELOSO, Xurxo, Benvidos á cidade, Galaxia, Vigo, 2020, PVP. 14,01€

Un texto ben axeitado

Un texto ben axeitado

Compartir el artículo

stats