Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Clásico europeo

De obrigada lectura

Clásico europeo

Da man de Irmás Cartoné chéganos outro clásico europeo, E agora que, homiño? (en traducion de Patrcia Buxán), novela de Hans Fallada (pseudónimo de Rudolf Wilhelm, 1893-1947) escrita en 1932, pouco antes de que os nazis chegasen ao poder en Alemaña, na que o autor nos dá un retrato fiel e auténtico da realidade social de preguerra, marcada por unha convulsa crise, por moita pobreza (lémbrese o crack do 29 e as súas consecuencias) e por unha total incerteza sobre o futuro, despois de que o país perdese a Primeira Guerra Mundial. O protagonista, Johannes Pinneberg, é un home común e popular, un empregado de comercio, un traballor que representa á maioría silenciosa, un home de a pé que acaba de casar e busca abrirse camiño nun mundo difícil e duro, cheo de hostilidade e confrontación, polarizado e violento, difícil de controlar e sobrelevar, e a través do que podemos coñecer con certeza, precisión e crueza un momento histórico determinante do futuro europeo, do que todos deberiamos ter plena conciencia, e no que a pretensión fundamental consistía en ter un emprego e conservalo, para simplemente poder sobrevivir.

Fallada, que tivo unha vida moi complicada e sufrida por mor dun accidente cando era novo, a partir do que tivo grandes dores, calmados con droga e alcohol, e tamén por mor dos seus padecementos mentais, sendo mesmo internado nun psiquiátrico varios anos, deixounos moi boas obras, coma esta, que o converteron nun dos escritores alemáns máis coñecidos do pasado século. Non en van, esta obra, no momento da súa publicación, converteuse axiña nun best-seller e foi traducida a moitos idiomas.

Por todo o anterior, esta obra é de lectura non xa moi recomendable, senón obrigada.

FALLADA, Hans, E agora que, homiño?, Irmás Cartoné, Santiago, 2020, PVP. 21, 50 €

Compartir el artículo

stats