Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Con ritmo trepidante

Con ritmo trepidante

Calvinistas e católicos

Conrad Ferdinand Meyer foi un poeta, tradutor e novelista suízo do século XIX en lingua alemá. O amuleto foi a primeira das súas novelas curtas, narración que, a diferenza doutras do autor, foi mal recibida entre os críticos da época porque vían nela unha excesiva afinidade con Mérimée e outros autores franceses. A “novella” ten un título que fai alusión a un elemento simbólico, sitúase no século XVI e trata os problemas relixiosos entre protestantes calvinistas e católicos. A acción transcorre en Suíza e París, e o momento culminante xira arredor da noite do 24 de agosto de 1572, cando os católicos masacraron os hugonotes. Agora, nun momento no que o escritor goza de gran recoñecemento, esta pequena novela vén de ser verquida ao galego por Rosa María Gómez Pato, nunha edición moi ben anotada e co primor tipográfico ao que nos ten afeitos a editorial Hugin e Munin.

O libro está estruturado en dez capítulos, nos que o primeiro e o último fan gala dun ritmo trepidante. Sen dúbida, a influencia de Walter Scott cómpre tela en conta para apreciar a recreación de feitos históricos, e para o deseño dos personaxes de ficción o autor botou man de modelos cercanos da realidade.

Estamos diante dunha obra interesante, pero a complexidade temática e histórica e a amplitude dos acontecementos fannos pensar que unha maior extensión estaría máis acorde co desenvolvemento da acción. Se lembran novelas como El hereje de Delibes, no que o tema relixioso da mesma época está presente, e fan unha comparación, os lectores quizá entendan o que queremos afirmar.

FERDINAND MEYER, C., O amuleto, (trad.de R.M. Gómez Pato) Hugin e Munin, Santiago, 2020, PVP. 13 €

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.