Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Investigación de noso

Unha nova entrega de Maremagnum

Investigación de noso

Dirixida sempre con pulso firme por Cipriano Luis Jiménez Casas -psiquiatra, escritor e colaborador habitual nas páxinas de FARO DA CULTURA-, chega onde nós unha nova entrega da revista Maremagnum. Publicación galega sobre o trastorno do espectro do autismo. Trátase do número 24 da referida revista -editado, desde logo, por por Autismo Galicia-, cunha senllera portada da autoría de Francisco Leiro, e presentando o seu contido en idioma galego e lingua castelá. De novo, benvida sexa Maremagnum.

Abre esta nova entrega cun editorial do director no que se dá noticia, entre outros apartados, da celebración (setembro de 2019), en Niza (Francia), do XII Congreso Internacional de Autismo Europa, baixo o lema “Unha nova dinánimca polo cambio e a inclusión”. De contado, o contido de Maremagnum continúa, amosando un traballo de Francesa Happé e Uta Frith titulado “Cambios no concepto de autismo e implicacións para futuras investigacións”. “Estróxenos fetais e autismo” e “Cegueira de contexto no trastorno do espectro autista” veñen ser os labores artellados por Simon Baron-Cohen, Morsio Abadallha e outros, no caso do primeiro, e Peter Vermeulen, no tocante a “Cegueira...”. Da súa parte, mentres, o catedrático noruegués Jan Tossebro achéganos a súa “Experiencia comunitaria ao longo de 25 anos nun país escandinavo”.

Yolanda Rodríguez Diéguez -cunha aportación arredor das novas estratexias para a mellora da calidade vital das persoas con TEA-; Cristina Eiroa e María Covadonga Fdez. Ponce –“Impulsando fortalezas”; Manuel Esteban –“A velocidade da escuridade”- e o coñecido novelista Domingo Villar, co seu relato “O arroaz”, veñen completar, en fin, este novo número.

VV.AA., Maremagnum, nº 24. Santiago de Compostela, 2020, PVP. S/P

Compartir el artículo

stats