Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Modelos universais

Dialogando coa actualidade

foto

Sete clásicos para sete historias que Gómez Cerdá recrea no volume Sete chaves para abrir os soños que Kalandraka vén de publicar na colección “Seteleguas” e que remiten de forma singular a aspectos da vida e/ou da obra de autores da literatura universal que destacan pola orixinalidade dos seus libros, pola fantasía despregada nos escritos, pola desbordante imaxinación nos seus plantexamentos literarios ou pola repercusión das extravagancias dos personaxes.Todos eles salientan unha característica significativa do escritor inspirador e a partir dese momento a historia adquire unha independencia e unha autonomía que a converte nunha peza divertida que subxuga o lector rapidamente polo que ten de conmemoración e polo que achega de novidade.

A metaliteratura adquire na pluma do madrileño unha dimensión reflexiva que traspasa a fronteira da orixinalidade ao engadir unha boa dose de interpretación discursiva altamente efectista que reinventa circunstancias, espazos, personaxes ou tempos xa coñecidos para dotalos dun ton e dunhas características propias que afastan o conto do modelo e que o particularizan dentro do xénero.

Rodari, Tomi Ungerer, Roald Dahl ou Gloria Fuertes son algúns destes modelos e o baúl de Juan Farias ou a lata de conservas de Christine Nöstlinger algúns dos obxectos en torno aos cales xiran as palabras feitas historias que, para o noso gozo, apelan á fantasía como forma de evasión e de reinterpretación que sobrepasa as barreiras temporais, sitúase nun presente perpetuo e que é quen, en virtude da ficción, de dialogar coa actualidade.

GÓMEZ CERDÁ, A., Sete chaves para abrir os soños (Ils. D. Pintor), Kalandraka, Pontevedra, 2020, PVP.14, 25

Compartir el artículo

stats