Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Dar presenza ao diferente

A centralidade desta preocupación é tal que, alén destas tintas, hai bastantes apuntamentos cos mesmos motivos en cadernos do escritor deste anos ("Libro A", Fundación Penzol-Biblioteca, Vigo) e algunha outra obra como a Escena de negros (changüi), unha tinta sobre papel de 1939 de características similares ás do Museo Provincial de Pontevedra que se conserva no Museo Carlos Maside (O Castro, Sada, A Coruña). Este interese polo "outro", con sensibilidade semellante, tamén o leva en Cuba a realizar tintas con protagonistas orientais, como "Parella de nenos chineses" (1939) ou "Nai e filllo" (1939).

O antirracismo é, pois, algo conscientemente procurado por Castelao, que quere amosar a face do "outro" porque sabe que só desde a presenza o diferente, o "figurante", pode aparecer politicamente; porque é consciente de que o aparecer político é unha "aparición de diferenzas" (Hannah Arendt) e desde a diferenza.

Castelao sabía que sen esa parcela de humanidade o mundo conformaba unha realidade atroz, contra a que cumpría rebelarse desde o compromiso cos máis fondos valores da condición humana.

Compartir el artículo

stats