Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Andrades e Fonsecas

Os principais impulsores da Casa da Contratación da Especiaría na Coruña foron Fernando de Andrade das Mariñas e Afonso III de Fonseca.

Fernando de Andrade, I conde de Andrade, II de Vilalba e señor de Pontedeume e Ferrol, ben mozo sucedeu ao seu pai. Situado na corte dos Reis Católicos, participou na guerra de Nápoles, onde reafirmou a súa condición de xefe militar coa vitoria de Seminara. En 1504 regresou a Galicia cunha recompensa de 3.000 ducados, nun momento histórico crítico pola morte de Isabel de Castela. En 1506, co conde de Lemos, ofreceu o porto coruñés cando Felipe de Borgoña chegou para casar con Xoana de Castela e integrouse no seu séquito. Prestou o mesmo servizo cando en 1517 foi a Flandes a recoller ao seu fillo Carlos para que reinase en España.

Pola súa banda, Afonso III de Fonseca era fillo do arcebispo de Compostela, a quen sucedeu cunha xogada pactada en Roma. A súa proximidade á coroa e ao papado permitiulle frear as aldraxes do conde de Altamira. Designado por Carlos V para o Consello Real, liderou as reivindicacións da nobreza galega, expresadas na asemblea de Melide. Pola confianza que o rei lle tiña, mediou no conflito das Xermanías valencianas. Fundador dos primeiros estudos universitarios en Galicia, en 1523 foi elixido arcebispo de Toledo.

Compartir el artículo

stats