Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Made in&out USA

Se prestásemos atención ao cinema norteamericano poderíamos entender moitos dos comportamentos deste país máis complexo, ou non, do que algúns se esforzan por presentar. Ao mesmo tempo, serviríanos para prever o noso futuro inmediato, no caso de non pór os medios suficientes para evitar que a América de hoxe se transforme na Europa do mañá.

O que os atentados do 11 de setembro de 2001, en New York e Washington, revelaron á inxenua sociedade estadounidense era que, no mundo, había xente que non os amaba. O problema estribaba, naquel momento, en identificar quen eran eses seres capaces de levar o horror até o centro mesmo dos seus fogares e facelos desaparecer inmediatamente da face da Terra. Esta vez xa non se trataba de terroristas rusos dispostos a secuestrar o mesmísimo presidente dos Estados Unidos (Harrison Ford) no seu avión presidencial, como en Air Force One (1997, Wolfgang Petersen). Eran afgáns, un pobo do que nada sabían.

Por suposto, a resposta ante semellante descoido non se fixo esperar. Desde a Casa Branca animouse aos americanos para que visionasen Kandahar (2001), un marabilloso filme dirixido polo realizador iraniano Mohsen Makhmalbaf, no que se conta a viaxe dunha moza refuxiada desde Canadá até Afganistán para evitar que a súa irmá se suicide por culpa do eclipse solar que se aveciña. Os resultados están á vista: indudabelmente non prestaron a atención necesaria.

Compartir el artículo

stats