Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ilustración de Francisco Miguel (1897-1936) realizada para a revista Alfar (1923).

Pontevedra e o linóleo

Unha páxina na historia do gravado galego

Xa na época da Republica, o linóleo será utilizado por artistas de forte carga social como o lugués Ánxel Johán que se o probara en ilustracións da revista Ronsel (1924). Porén, os máis impactantes son os linóleos que crea Luís Seoane para Claridad, publicación compostelá de forte carga política. No número 17, de significativa data de 14 de abril, 1934, Seoane elabora unha das obras de maior intensidade desde o punto de vista plástico do seu traballo destes anos. Son dous gravados ao linóleo en cor vermella que se utilizan como fondo na primeira e na última páxina; na primeira unha esquemáticas figuras masculinas e femininas cos brazos estricados e unha con bandeira vermella cuns textos que din: "¡¡Viva nuestra República!!" e "Crisis de Estado", e na última: "Viva la República". O traballo gráfico lembra a técnica e o efecto realizado polo deseñador Ánxel Johán en 1931 no número 1 de Yunque, revista publicada en Lugo, en que colaborou tamén Luís Seoane. Ambas as publicación plasman sinxelas composicións dinámicas e ao tempo equilibradas, de forte afinidade. Seoane lembraba en 1957 de xeito especial esta obra ao repasar esta etapa creativa: "Fixen para semanarios revolucionarios e autonomistas, como Claridad e Ser, os meus primeiros intentos de composición tipográfica (...) O gravado en linóleo atravesaba de vez en cando, como a franxa dunha bandeira, a primeira páxina de Claridad". O linóleo cumpría así un papel non só renovador no formal senón tamén dunha fonda intensidade temática.

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.