Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Foise co vento

Hai uns días, ao abeiro das protestas do movemento iconoclasta Black Lives Matter, unha coñecida plataforma audiovisual decidiu retirar do seu catálogo unha longametraxe mítica do cine hollywoodiense como é Gone with the Wind ( Foise co vento), poñendo así enriba da mesa o debate sobre os xuízos aos que son sometidas as obras de arte en diversos períodos.

Cantos filmes poderían soportar un visionado amable a partir dunha mirada rigorosa desde parámetros actuais? Cando Gone with the Wind foi estreada en 1939, converteuse no filme máis visto nas salas de cine estadounidenses, xusto despois doutra película sudista: O nacemento dunha nación (David W. Griffith, 1915). As connotacións racistas de ambos filmes son irrefutables, porén máis equívoca semella catalogar de acertada ou non a reprobación-non me atrevo a denominar como censura unha decisión dun empresa audiovisual- padecida pola película de David O. Selznick. As obras de arte son fillas dun contexto, e a mirada dun espectador tamén é froito doutro. Quizais, o máis adecuado sexa deconstruír a mirada e non tanto destruír o filme. O preocupante non é que no ano 1939 se rodara unha película como Gone with the Wind, senón que no ano 2020 o personaxe de Mammy (Hattie McDaniel), humillante para a raza negra, siga a espertar a gargallada entre o público asistente á sesión.

Compartir el artículo

stats