Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Didáctico e pedagóxico

Didáctico e pedagóxico

Con forma desenfadada

Que Rasi é un esquío ben aventureiro é algo que coñecen moi ben non só Nora, Aitor, Irene e Ismael, senón tamén centos e centos de escolares que teñen usado e traballado co método globalizado no que o roedor ocupa un lugar esencial procurando que os nenos se motiven coa súa presenza; agora lles conta un conto, agora se esconde tras os libros da biblioteca de aula e agora se emociona cunha nova estación do ano.

Nesta ocasión Rasi dá o salto á serie "A Banda do Esquío" da colección O Barco de Vapor para que os primeiros lectores disfruten das ocorrencias deste grupo que ten en Rasi un dos seus mellores aliados,

"Quen garda, sempre ten" debeu pensar Rasi cando a comezos do outono soterrou unha abelá especial, case dar cor do mel e cunha forma perfecta de corazón. Co que non contou foi que, seguindo o ciclo da vida, esta semente xerminaría a acabaría facéndose adulta.

O misterio que traía ao esquío e os seus colegas atarefados resolveuse despois de certas averiguacións e o resultado foi aínda mellor do que nun principio se agardaba e todo porque a natureza obrou o miragre e permitiu que a eclosión da semente dese lugar a un novo ser vivo.

O texto -que ofrece múltiples posibilidades dende o punto de vista didáctico e pedagóxico tanto polo contido, axeitado aos centros de interese dos nenos, como pola forma, desenfadada e coidadaposúe o atractivo de captar a atención dun lector moi receptivo que se pode identificar perfectamente con calquera dos mozos da banda e percorrer con el os primeiros tramos dunha aprendizaxe científica.

ORO, Begoña, A despensa máxica (Ils. Dani Moreno), SM Xerme, Vigo, 2019, PVP. 7,69 ?

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.