Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un contextualizado esforzo

Do Santa Maria ao Santa Liberdade

Un contextualizado esforzo

Un luxoso transatlántico da liña Venezuela-península Ibérica, con 1000 pasaxeiros a bordo, sofre o asalto de dúas ducias de homes. Detrás deste secuestro, organizado co fin de denunciar as ditaduras de Oliveira Salazar e Franco, está o DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación). Corría o 21 de xaneiro de 1961; durante trece días e trece noitos as chancelarías e os xornais de medio mundo van estar pendentes dos acontecementos que ocorren no navío portugués Santa María, ao que os asaltantes bautizan como Santa Liberdade.

J. Soutomaior era un mariño profesional, da Pobra do Caramiñal, republicano de ideais revolucionarios, que contribuíu á creación do DRIL, un grupo no que había varios seguidores do xeneral portugués Humberto Delgado -ao que a PIDE asasinou en Estremadura- e españois de diferentes lugares. O grupo, de vida efémera, contaba entre os seus membros coa presenza de Pepe Velo, o mestre de Celanova, poeta e revolucionario, ao que podemos considerar o verdadeiro ideólogo do secuestro, e do militar portugués Henrique Galvão, extravagante disidente de Salazar, que representaba ao xeneral Humberto Delgado, era defensor do colonialismo portugués en África e mantivo durante o secuestro unha actitude imprevisible.

O impacto da acción foi moi grande porque era a primeira vez que se producía un secuestro político dun barco, e aínda que a prensa peninsular non contou a verdade nin de lonxe, o certo é que mesmo tivo que intervir a diplomacia e o goberno dos Estados Unidos. A chamada "operación Dulcinea" conseguiu unha enorme publicidade e o barco acabou no Brasil, despois de deixar algúns feridos na illa caribeña de Santa Lucía e dunha rolda de prensa na que se reivindicaba o carácter político da acción armada.

O obxectivo do comando era ir a África coa intención de crear grupos para loitar pola independencia e desestabilizar as metópoles. Pero tras varias discusións, desistiron do propósito, e seguidos de cerca pola VI frota dos EE.UU., por barcos portugueses e polo español Canarias, chegaron ao porto de Recife, nun momento no que acababa de acceder á presidencia brasileira Jánio Quadros, quen manifestara xa a súa disposición a dar asilo político aos membros do comando.

Piratas de liberdade de Xavier Montanyà obtivo en 2002 o premio Octavi Pellisa. O seu autor é un xornalista e investigador que, neste libro, fai un claro esforzo por contextualizar o secuestro no marco histórico do salazarismo, do franquismo e dos exiliados.

MONTANYÀ, Xavier, Piratas da liberdade, Ed. Positivas, Santiago, 2019, PVP. 17 ?

Compartir el artículo

stats