Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Divertido e arrepiante relato

Cunha ampla variedade de recursos

Divertido e arrepiante relato

Variedade de returcos estilísticos e figuras retóricas, retranca, imaxes cinematográficas e conformación de escenarios que chegan ao máis fondo do lector, xa sexa á intelixencia, ao entendemento, á tenrura, ao abraio, ao delirio?, xunto con bruscos cambios que pasan do humor, a ironía e o divertimento á dor, o sufrimento e mais o desprezo por situacións verdadeiramente rexeitables: velaí as características de Hotel para coleccionistas discretos.

O xornalista Diego Giráldez (O Porriño, 1976) vén de presentar, editada por Galaxia, a novela que hoxe comentamos en FARO DA CULTURA, Estamos diante dunha historia que, por veces, pode resultar delirante ou grotesta, divertida e arrepiante, xa que non en van os personaxes, extraídos das altas esferas do poder (do mundo económico, mediático ou político), son auténticos psicópatas a enredaren no mundo, con consecuencias nas nosas vidas.

Hotel para coleccionistas discretos estrutúrase en tres partes, con cadanseu narrador: nas dúas primeiras son dous personaxes distintos, e cóntanse desde dentro, desde o seu punto de vista, sentimentos e pensamentos; canto á aterceira , esta confórmase omnisciente, xa que o narrador, coñecedor e controlador de todo, conduce a trama cara ao seu desenlace.

Unha trama que comeza coa morte de Amalia Valverde, empresaria de éxito que formou parte do núcleo do grupo de coleccionistas obxecto do relato, grupo que, por encargo seu, volve reunir a súa filla a modo de congreso, no que cada membro amosará o peor de si mesmo, entrando nun xogo do que non miden a transcendencia.

GIRÁLDEZ, Diego, Hotel para coleccionistas discretos, Ed. Galaxia, Vigo, 2019, PVP. 12, 35 ?

Compartir el artículo

stats