Mobles Carlos Seixas realiza e executa proxectos integrais totalmente personalizados e a medida para o fogar, tanto no ámbito das reformas como da decoración de interiores. Estes proxectos son adaptados a medida do gusto e necesidades de cada cliente. Neste sentido, procuran a satisfacción máxima do consumidor conseguindo un resultado acorde cos gustos e esixencias de cada un. Para que esta reforma sexa todo un éxito, Mobles Carlos Seixas ofrece todo o necesario en cuestións relacionadas coa pintura, papel pintado, carpintería, portas, tarimas, fontanería, electricidade e as obras que se precisen.

O obxetivo final de Mobles Carlos Seixas é que o cliente só se teña que preocupar por gozar do seu fogar. Dormitorios, salóns, auxiliares, cociñas, sofás, decoración, colchóns e todo o relacionado co descanso completan a oferta desta empresa situada na rúa B esquina Guardia Civil de Lalín, onde dispoñen dunha ampla exposición.

Durante estos días tamén están presentes na 32 Feira do Moble de Galicia en A Estrada presentando as últimas novidades.