Síguenos en redes sociales:

A Deputación pon o foco nas necesidades do rural de Pontevedra reactivando o seu comercio local a través do proxecto «Da túa man»

Con esta iniciativa búscase fortalecer a actividade de sectores estratéxicos da provincia, consolidando o comercio de proximidade, impulsando as economías locais e xerando postos de traballo de calidade

A Deputación pon o foco nas necesidades do rural de Pontevedra reactivando o seu comercio local a través do proxecto «Da túa man»Deputación de Pontevedra

Nos últimos anos, a sociedade avanzou a pasos axigantados cara uns novos hábitos de consumo, dos que destaca o uso das novas tecnoloxías e a dixitalización. Neste sentido, o obxectivo do proxecto “Da túa man” é visibilizar e modernizar o pequeno comercio local para adaptar o rural pontevedrés a esta nova realidade.

Este xorde para dar resposta ás necesidades dalgúnsmunicipios rurais de menos de 5.000 habitantes, onde factores como a dispersión xeográfica, a falta de relevo xeracional no comercio ou a fenda dixital afectaron ao seu desenvolvemento. Concretamente, levaranse a cabo actuacións referidas á transformación dixital e do punto de venda, sustentabilidade e economía circular, subministración, sensibilización e formación. 

A execución deste proxecto centrarase nestes 11 municipios da provincia: A Guarda, A Illa de Arousa, Catoira, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Moraña, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilaboa.

A campaña aproveita as potencialidades dos produtos locais, culturais e turísticos destes municipios, favorecendo tanto a empregabilidade, como as visitas a estas localidades e a permanencia da veciñanza.

Así mesmo, preténdese crear vínculos entre toda a cadea de valor do comercio de proximidade e dos produtos quilómetro cero, impulsando unha estratexia común na que se impliquen as comunidades locais da man dos concellos e da propia Deputación de Pontevedra.

Así, aprovéitanse todas as potencialidades dos produtos locais, culturais e turísticos destes municipios, favorecendo tanto a empregabilidade, como as visitas a estas localidades e a permanencia da veciñanza.

No marco de esta aposta, os produtos gastronómicos típicos destes municipios convértense en protagonistas.

Entre estas potencialidades, atópanse algúns produtos gastronómicos típicos destes municipios, como a lagosta da Guarda, as navallas da Illa de Arousa, o carneiro de Moraña ou a cacheira de porco de Pazos de Borbén. Incluso, todos estes produtos contan con festas gastronómicas consolidadas en Galicia: a Festa da Langosta e da cociña mariñeira, a Festa da Exaltación da Navalla, a Festa do Carneiro ao Espeto e a Festa da Cacheira.

Ademais da gastronomía, o rural pontevedrés conta con moitos máis recursos turísticos, como o Mosteiro de Santa María de Oia, as Salinas de Ulló en Vilaboa, os cruceiros de pedra e as rutas de sendeirismo do río Tea en Covelo, ou as actividades acuáticas e o enoturismo en Crecente.

Entre as festas gastronómicas consolidadas en Galicia que se podrán en valor coa campaña atópase a Festa da Cacheira, ademais da Festa Langosta e da cociña mariñeira, a Festa da Exaltación da Navalla ou a Festa do Carneiro ao Espeto.

Finalmente, as festas e celebracións tamén son típicas dalgunhas destas localidades rurais. Sen ir máis lonxe, en xullo atopamos o recoñecido festival de música PortAmérica, en Portas. Despois, en agosto, teñen lugar a Romaría Vikinga en Catoira ou o Festival de Folk de Fornelos de Montes.

Está claro que a oferta gastronómica, turística e de ocio destes concellos é moi ampla. Este é o motivo polo que administracións como a Deputación de Pontevedra, a través de proxectos como “Da túa man”, ven preciso poñer o foco no potencial do rural da provincia, co fin de fomentar o turismo nestes concellos, pero tamén de xerar valor e mellorar a vida dos propios habitantes do rural pontevedrés.

Pulsa para ver más contenido para ti