O Gabinete Técnico de Igualdade da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) ao servizo das empresas para o impulso da igualdade
As empresas teñen un papel clave neste eido e son cada vez más conscientes da necesidade de aproveitar o potencial feminino e o seu liderado
Desde a CEG traballan todos os días para apoiar e asesorar ao tecido empresarial galego a acadar organizacións igualitarias
O Gabinete Técnico Igualdade xurde hai un lustro, ao abeiro da colaboración e apoio da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Dende entón, o equipo deste departamento, apoia ao noso tecido produtivo co obxectivo de:
Promover a igualdade laboral e de oportunidades na empresa e contra a brecha salarial.
Explican que “somos conscientes de que, malia os importantes avances na última década, as mulleres seguen tendo que enfrontarse a importantes desafíos, que en boa medida se trasladan e visibilizan no ámbito laboral”.
Neste sentido, afirman que as empresas teñen un papel clave neste eido e son conscientes cada vez máis da necesidade de aproveitar o potencial feminino, o seu liderado, o seu TALENTO e remover os obstáculos que aínda existen.
Para acadar ese obxectivo, o Gabinete Técnico de Igualdade da CEG, continúa coa labor iniciada hai xa cinco anos, promovendo novas formas de impulsar a igualdade dende o ámbito laboral e levando a cabo distintas tarefas para as empresas que desenvolven a súa actividade en Galicia:
- Apoio técnico no fomento da igualdade laboral.
- Asesoramento personalizado na elaboración/actualización de Protocolos fronte o acoso no ámbito laboral e Plans de Igualdade (ou medidas alternativas aos mesmos).
- Dar a coñecer as novidades normativas en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a brecha salarial.
- Apoio á cultura de igualdade laboral e de oportunidades e contra a brecha salarial no tecido empresarial.
- Análise e identificación de boas prácticas en plans de igualdade.
- Actividades informativas e divulgativas na procura da igualdade laboral e de oportunidades e da redución da fenda salarial de xénero.
En todas as actuacións desenvolvidas, o gabinete técnico ten en conta a perspectiva e xénero e o aliñamento co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 5 da Axenda 2030:
“Lograr a igualdade entre os xéneros e apoderar a todas as mulleres e as nenas”
Iso tradúcese en:
- Capacitar e favorecer o apoderamento das mulleres.
- Favorecer a concienciación e sensibilización dos diferentes axentes e do importante papel que poden xogar no proceso dun cambio tan necesario.
- Proporcionar ás empresas competencias e habilidades, así como ferramentas e instrumentos para a incorporación da perspectiva de xénero no seu ámbito de actuación.
- Crear espazos de encontro entre diferentes axentes, empresas e organizacións, que permitan o intercambio de coñecementos, ideas e experiencias para a xeración de novas estratexias para o cambio.
Dende o Gabinete Técnico de Igualdade da Confederación de Empresarios de Galicia traballan todos os días para apoiar e asesorar ao tecido empresarial galego a acadar organizacións igualitarias.
Para elo poñen á disposición das empresas unha canle de comunicación sen custo para proporcionar axuda e asesoramento por parte do seu equipo:
- igualdade@ceg.es
- 981 555 888