Torneos, xogos de mesa e exhibicións no XFest

O certame acada a súa novena edición » Terá lugaro sábado 24 durante toda a xornada

Participantes en una edición anterior / BERNABE/ANA AGRA

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

M. González

A Estrada

O XFest acude á súa cita puntual co 24 de xuño, no marco das festas de San Paio. Rapaces e rapazas da asociación Ocionautas, tamén coñecida como La Estación, organizan a noveda edición dun festival que se convertiu co tempo nun imprescindible da programación das festas. Ao longo da xornada ofrecen outro tipo de entretemento e achegan á sociedade estradense o traballo deste grupo ao longo de todo o ano.

A temática deste 2023 é “Legacy”, legado en inglés. Esta elección ten que ver co momento actual do colectivo, no que conviven veteráns e a xeración relevo que asumirá as rendas da asociación mantendo a filosofía do grupo.

O programa desta edición xira entorno á celebración de torneos varios e xogos de mesa. Partidas de Smash Bross, Magic, ou exhibicións de Parkour e Jugger son algunhas das propostas. Tamén haberá unha zona de xogos de mesa xestionada por un dos colectivos integrantes de La Estación, Counter Slime, que pretenden dar a coñecer o gran número de diversas opcións no mundo destes pasatempos.

Despois dunha década dende a súa creación, Ocionautas conta cun percorrido suficiente para organizar este tipo de eventos, e queren compartir os seus coñecementos coa nova canteira, adolescentes con idades comprendidas entre os 13 e 17 anos. Un total de catro colectivos conforman a agrupación: Blank Space, Counter Slime, Imaxina Axuda e Jugger -este último dividido en Pesadelos e Pesadeliños.

Pulsa para ver más contenido para ti

Os organizadores do evento agradecen ao Concello de A Estrada e a todos os comercios locais colaboradores a súa implicación para poder sacar adiante este evento, que cada ano suma novos adeptos.

Noticias de Portada Leer Noticias cerca de ti CercaJuegos Jugar