Unha viaxe ao pasado con Moaña Antiqua

O 24 de xuño comeza a VII Edición desta feira medieval » Postos, comida, concertos, obradoiros e exposicións na contorna da Igrexa de San Martiño

Do 24 ao 26 de xuño, na contorna da Igrexa de San Martiño, colocaránse os postos de comida e artesanía como os de edicións pasadas / SANTOS ALVAREZ

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Moaña

Regresar ao medievo é posible grazas á feira medieval de Moaña Antiqua, que, como nas anteriores edicións, levará a esta vila do Morrazo ao pasado. Concretamente o fará dende a zona de San Martiño, o punto exacto onde naceu Moaña, crecendo cara a costa ata convertirse na localidade que coñecemos no día de hoxe.

Do 24 ao 26 de xuño, na contorna da Igrexa de San Martiño, colocaránse os postos de comida e artesanía, animacións e obradoiros que caracterizan esta festa.

As xornadas comezarán o día 24 a partir das cinco da tarde, coa apertura do Mercado de Artesanía, e rematarán o domingo 26 ás 21:30 da noite, coa clausura da Feira.

Tabernas, polbeira... a gastronomía é parte importante desta feira medieval / Santos Álvarez

Inicio da festa: venres 24

Será nese primeiro venres de festa onde, ás 17:30 horas, se inauguren as dúas primeiras exposicións históricas na Casa da Música. A primeira, “A parroquia. Historia de Moaña dende o século I ao século XXI” de Manuel Uxío García Barreiro, que estará acompañada dunha charla guiada na que se actualizarán os descubrimentos máis recentes da historia da zona. E a segunda, unha mostra de pintura baixo o título de “Oficios”, firmada por Liberata Freire Bernández (“Lita”), inaugurada oficialmente as 19 horas da tarde.

O pregón será a cargo da actriz Anabel Budiño ás 20:45 horas, ao que seguirá o espectáculo de Troula Animación, co seu número “Errantes”, seguido dunha foliada popular a partires das 23:45 da noite, no adro de abaixo. Unha festa que se repetirá o día seguinte.

O sábado 25 comezará coa apetura do mercado ás once da mañá, seguido dunha hora de xogos temáticos para toda a familia (coa actividade infantil “Descubrindo San Martiño” de 11:30 a 12:30, que tamén poden participar en horario de tarde en dúas franxas que comezan, respectivamente, ás cinco e ás seis. Unha exposición de cetraría será a encargada de pechar as actividades matinales.

Ademáis, ese mesmo sábado, ás 19 horas, terá lugar a actividade estrela de Moaña Antiqua, a representación de combates medievais, a cabalo, con diferentes demostracións e probas de habilidade, que de novo se pecha cunha exhibición de cetraría.

FERIA MOAñA ANTIQUA EN SAN MARTIñO MOANA / SANTOS ALVAREZ

Ás 20:45 chega o momento da cultura, coa presentación oficial do libro “As orixes de Moaña”, de Manuel Uxío García Barreiro e José Benito Rodríguez Parada. Estarán acompañados do profesor do Departamento de Historia da USC, José Carlos Sánchez Pardo, que dirixirá a charla.

Pola noite, música da man de Os Carunchos, cun concerto que comeza ás 22:30, seguido, como dixemos, doutra foliada popular.

Fin de festa: domingo 26

O derradeiro día de Moaña Antiqua comeza por todo o alto, cunha ruta guiada pola contorna da Igreza de San Martiño. Pola tarde, teatro, coa obra “Dous no camiño”, de Isabel Risco, ás 19:30.

Pecharán o día Meiramar Axoúxeres, cunha actuación musical que clausurará o evento, finalizando co peche oficial da feira ás 21:30.

Pulsa para ver más contenido para ti

Así, Moaña viaxa varios séculos no pasado, e nós nos mergullamos na súa historia medieval a través das mellores actividades culturais.

Noticias de Portada Leer Noticias cerca de ti CercaJuegos Jugar