Fundado en Cangas en 1925, o Colexio Plurilingüe Compañía de María pertence a unha rede de 22 colexios de toda España que teñen o compromiso coa educación por bandeira. O centro vén de estrear un novo modelo pedagóxico, Signa, co que mira ao pasado e á tradición dende o presente e coa vista posta no futuro. Trátase dunha proposta personalizada, xa que o alumno é único e irrepetible e o protagonista da súa propia aprendizaxe. A proceso educativo adáptase ás súas necesidades, fortalezas e aspiracións para permitirlle desenvolver todo o seu potencial académico, aspirando tanto á excelencia educativa como persoal.

O colexio é tamén un lugar de aprendizaxe para a vida, onde os valores son fundamentais na formación das persoas e durante todo o proceso educativo, dende Infantil até Secundaria. "Acompañamos durante todo este tempo aos alumnos e preparámolos para un futuro no que exerzan como cidadáns activos, competentes, libres e solidarios", afirman.

No Compañía de María, as aulas convértense en espazos de traballo dinámicos e construtivos onde se promove o diálogo, a equidade e o pensamento crítico. Espazos onde aprender tamén dende a inclusividade (contan con dúas aulas de Educación Especial), a cooperación, o intercambio e o debate continuo.

"Para nós a pedagoxía é o centro da aprendizaxe, axudados sempre polas novidades metodolóxicas (aprendizaxe cooperativa, intelixencias múltiples, matemáticas manipulativas, traballo por proxectos, gamificación, plickers, entornos virtuais...) que mellor se adaptan ao perfil e ás necesidades dos alumnos do século XXI", destacan.

Como colexio plurilingüe, en Infantil contan con dúas horas de inglés á semana. En Primaria utilizan o método interactivo Little Bridge e en Secundaria, enfocan o traballo nas catro destrezas da comunicación para acadar unha acreditación de nivel no marco común europeo (A2, B1 ou B2).

A materia de Plástica impártese nesta lingua, e organizan tamén unha English Week na que se realizan diferentes actividades relacionadas coa lingua e cultura inglesas. Os alumnos de 4º de ESO tamén teñen a posibilidade de viaxar ao Reino Unido e aloxarse durante unha semana con familias locais.

O Compañía de María é, así mesmo, o único centro examinador do Oxford Test of English de todo O Morrazo, probas ás que poden presentarse alumnos de calquera outro colexio ou adultos que o necesiten para os seus estudos universitarios ou traballos.

As ciencias son un área fundamental no currículo do colexio, onde desde pequenos traballan as matemáticas manipulativas e o uso das regletas. Os maiores aprenden matemáticas e física co método Geogebra, un procesador xeométrico e alxebraico utilizado actualmente no ensino Secundario e na Universidade. Tamén participan en concursos matemáticos (Pangea, Estalmat, Rebumbio Matemático, Rally matemático...) e son alentados a investigar elaborando proxectos relacionados coa contorna e na defensa do medio ambiente, en colaboración con empresas líderes na zona, como Frigoríficos do Morrazo.

Creación literaria

Creación literariaO centro educativo fomenta a creación literaria en galego e castelán participando en actividades como o Faro da Escola e en concursos propios e alleos. Entre o alumnado promóvese a creación artística e o coñecemento das nosas tradicións, a través da celebración de efemérides como o Magosto, o Samaín ou o Entroido e tamén levando a cabo o proxecto etnográfico nomeado como "O traballo de Galicia".

Máis alá das materias

Máis alá das materiasEn todas as etapas educativas, as nenas e nenos traballan técnicas de relaxación. Deste xeito, conseguen que os alumnos teñan progresivamente maior autocontrol e melloren amplamente a súa capacidade de concentración. Así mesmo, contan cun programa de mediación entre iguais, onde alumnos formados resolven os pequenos conflitos e malentendidos que se lles poden presentar diariamente aos seus compañeiros.

A vida sá mediante o deporte e a alimentación saudábel e outra área destacada do proxecto educativo. Por esta razón, participan en actividades como o Día da educación física na rúa e contan cun equipo federado de bádminton.

Servizos

ServizosO colexio dispón dun aula de madrugadores aberta dende as 8.00 e servizo comedor con cociña propia, con estudos vixiados despois de comer para os alumnos de Primaria e ESO. Con tres patios exteriores, aulas dixitalizadas en todos os cursos, salón de actos, biblioteca e laboratorio, entre outros equipamentos, o centro ofrece un amplo abano de actividades extraescolares xestionadas pola Anpa (pintura, ábaco, robótica, zumba, inglés) ou dependentes dos clubs da contorna (fútbol, patinaxe, taekwondo).