Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Manuel Beiras: "O dereito á autodeterminación marca a liña vermella para apoiar ao PSOE"

"Podemos tivo os mellores resultados onde foi con candidaturas de unidade popular"

O portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras. // Óscar Corral

Histórico do nacionalismo galego, Xosé Manuel Beiras defende con total convicción o dereito á autodeterminación. Tanto para Cataluña como para Galicia e cre que Podemos non debe renunciar a esta liña vermella para dar o seu apoio ó PSOE.

-As eleccións do domingo deixaron un Congreso moi fragmentado. Quen debe ser o presidente, Rajoy ou Pedro Sánchez?

-Está claro que a dereita ten unha sola opción, que é a do PP, pero todo o espectro está ó outro lado e polo tanto ten que ser alguén que represente a maioría plural. Si Rajoy sae presidente, sería un fraude.

-Entón, Pedro Sánchez?

-A cuestión non son os nomes. As eleccións non son a presidente, son ó Parlamento.

-Alguén terá que asumir a alternativa. A quen apoiará En Marea?

-Nós estamos como grupo parlamentar galego para que o pobo galego como suxeito político teña presenza directa nas Cortes, igual cós cataláns e os valenciáns. Temos unha sintonía con Podemos que é a única formación a nivel de Estado que asumiu abertamente o dereito a decidir dos pobos. Pero non vou dar un nome.

-Pero nome ten que haber porque os presidentes o teñen.

-Pero iso é o resultado final.

-Fago a pregunta doutro xeito. De que partido tería que ser o presidente?

-Debería ser do partido que asuma os plantexamentos que nós facemos. E o que os asume máis coherentemente agora é Podemos. E se hai un espectro amplo que permita configurar unha maioría na que estemos de acordo, pois adiante. E se se vai por outra vía, a solución sería unha opción á portuguesa, para entendernos. Nós mantemos o horizonte crebador aínda que o rexime non vale. Non se solucionan as cousas so cun cambio de inquilinos. Si o PSOE estivese en condicións de aceptar un compromiso histórico nese sentido, pois iso podería se-la solución, pero eso depende de que nos poñamos de acordo o PSOE, Podemos, os galegos, os cataláns, os valenciáns...

-Podemos pon como condición para apoiar ó PSOE que recoñeza o dereito á autodeterminación en Cataluña. Comparte esa opinión?

-Como non vou estar de acordo se eu pelexei con todos os compañeiros de Anova para que houbese precisamente En Marea como encarnación nas Cortes do suxeito político galego. Claro que estou de acordo.

-Iso sería unha liña vermella que marca o límite para apoiar ó PSOE ou poderíase reununciar a ela?

-Como vou renunciar a eso, á leadtade ó meu pobo!

-Trasladar ese dereito á autodeterminación en Galicia?

-En Marea non o levaba nos seus postulados e eu mesmo nas miñas intervencións non defendín que somos un pobo con dereito a exercer a nosa soberanía? Non tivemos o apoio que tivemos? Que máis queredes?

-Na sociedade galega non parece que esa idea teña prendido.

-Somos inferiores ou que? Non acabamos de ter una resultado que está á vista? Non son indicativos?

-En Marea logrou seis diputados, igual que o PSOE, e o PP tivo dez, e non queren a autodeterminación.

-O PP ten unha rede clientelar de voto cautivo que é unha cousa. E outra é o que pensa a ciudadanía e mesmo boa parte dos votantes do PP.

-En Marea defende a creación dun grupo parlamentario propio?

-A Mesa do Congreso non pode decidir outra cousa. Vanlle dicir a Cataluña que non pode ter grupo de seu? Politicamente é inviable? Ou son incendiarios?

-En Marea actuará de forma independente co seu discurso ou segundo o que diga Pablo Iglesias?

-En Marea se quere representar a soberanía da nación negada que é o pobo galego naturalmente que ten que actuar con criterio propio, pero hai uns postulados básicos que comparte con Podemos.

-Imaxínese que o PSOE apoia que En Marea teña grupo propio...

-Non lle queda más remedio. O contrario sería autodescalificarse.

-Se o PSOE apoia crea-lo grupo parlamentar, sería un elemento a ter en conta para darlle o seu voto na sesión de investidura?

-E que o PSOE non ten dereito a negalo. E punto. Porque se o nega é unha postura antidemocrática en entón alá el. Si En Marea sobardou ó PSOE en Galicia, se en Vigo sacou o 34% a poucos meses dunhas municipais onde o PSOE varreu, iso hai que interpretalo.

-Como Podemos, un partido estatal, tivo tanto respaldo nacionalista en Valencia, Cataluña, País Vasco ou Galicia?

-Porque asumiu o que outros non quixeron.

-Dalgunha forma está limitando o espazo das forzas nacionalistas?

-Se Podemos se presentara en solitario, non tería os mesmos resultados. Tivo os mellores onde foi con candidaturas de unidade popular nas nacións sen Estado, coa excepción de Euskadi. Supoño que diso se dará conta un dirixente intelixente.

"Hai unha xanela para a interlocución co BNG aberta para as autonómicas"

  • -Confía en que en 2016 En Marea encabezará a alternativa en Galicia.-Ten que selo. En Marea ten que ser a alternativa, aberta, e pode haber incorporacións.-Incorporacións de quen? Do BNG? Porque non creo que o PSOE se sume.-O PSOE ten que tomar unha decisión. Ou aposta por seguir sendo unha das columnas vertebrais do réxime borbónico ou aposta por recupera-lo proxecto socialdemócrata. En canto ó BNG, confío en que faga unha reflexión sobre o que aconteceu dende fai varios anos, que sexa congruente e que teña en conta que para lanzar ó pobo galego un paso adiante no camiño da súa autodeterminación efectiva hai que contar con que a nación galega non é só a que vota en clave estrictamente nacionalista. Iso é o que ten que facer o BNG. A interlocución co outro espazo construído polo BNG, Iniciativa pola Unión, para chegar á confluencia, non foi posible neste proceso de eleccións xerais, pero sí sería posible agora dado que a xanela para a expresión da unidade popular segue aberta.-E o papel do PSOE cal sería?-O PSOE é un partido, históricamente, socialista, republicano e federalista. Si é congruente cos seus principios, volverá ó rego. Sequere ser Partido Socialista Obrero, non pode seguir así. Alguén pensa que un partido é eterno? Hai cinco anos non existía AGE e antes das municipais non existía En Marea. Iso é irrelevante? Isto non afecta a outras forzas políticas?-Como ve ó BNG despois dos resultados nas xerais?-Dentro do BNG teñen que abordar un proceso de reflexión, con un compoñente indispensable de autocrítica que nós levábamos reclamando entre o 2005 e o 2012. En Marea fai hoxe o que o BNG facía nos anos noventa.

"Non teño intención de seguir no Parlamento"

  • -Estivo tentado a ir na candidatura ó Congreso?-Dixen que non o consideraba indispensable e que como aportación complementaria estaría disposto a pensalo. Pero logo por unha banda non se deron as condición e o proceso electoral demostrou que non era indispensable en absoluto que fose candidato.-Pero sí figura como referente.-Porque para ser referente político non é indispensable ser candidato. Desde 2005 ó 2012 non estiven nin nas institucións políticas nin como líder orgánico de ninguna formación. E cando aceptei encabezar a candidatura de AGE, os resultados foron os que foron.-Dixo que estas eran a súas ultimas eleccións autonómicas. Cambiou de parecer tralas eleccións do pasado domingo?-Non vou deixar de estar activo no combate político mentres conserve a cabeza en condicións e as enerxías indispensables. Outra cousa é o meu ciclo como partícipe na política institucional.-E ten intención de seguir no Parlamento?-Non.-Tal como o di, parece que hai algo máis.-Moitos dirixentes políticos galegos que en febreiro de 1936 apostaron porque o nacionalismo participara no Frente Popular contaban con que poucos meses despois tiveran que estar no exército republicano defendendo a República? Non. Polo tanto, hai marxes de indeterminación e de aleatoriedade importantes en tódolos procesos sociais e políticos. As personas que din non ou sí de forma determinante non entenden que os procesos non dependen máis que marxinalmente das suas decisión. E entón non podes establecer posicións lacónicas se es consciente de eso-Complicado desentrañar cal vai ser o seu futuro político...-Como atar moscas polo rabo.-Tralas eleccións, facendo unha extrapolación, o PP podería non ter maioría absoluta nas autonómicas de 2016.-Estou convencido de que seEn Marea actúa coa mesma capacidade de darse conta do que está pasando na sociedade, o PP será derrotado. Se este proceso continúa e En Marea sigue actuando con intelixencia e flexibilidade interna nunha alianza moi plural, será a opción maioritaria nunhas eleccións galegas.-Por riba do PP?-Sí. Vos pensades que siga todo igual e non é así.

Compartir el artículo

stats