O novo Pórtico da Gloria
A restauración desta obra do Mestre Mateo precisou de 50.000 horas de traballo durante dez anos

Inauguración do Pórtico da Gloria tras unha restauración de dúas décadas. // Xoán Álvarez
Redacción [VIGO]
O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, considerada unha obra cume do Mestre Mateo, recuperou o seu esplendor despois de 50.000 horas de traballo por parte dos equipos de restauración.
O minucioso labor levado a cabo no que se considera un dos máis destacados expoñentes do románico europeo chegou ao seu fin, tras un investimento millonario e máis de dez anos oculta polas estadas que facilitaron o labor levado a cabo por expertos nacionais e internacionais para completar a súa recuperación.
O arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, e José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié, entidade que dedicou 6,2 millóns de euros a custear a restauración, presentaron en xuño o resultado final dos traballos de restauración do Pórtico da Gloria.
Na inauguración participou a raíña Sofía, pero a apertura ao público non chegará previsiblemente ata finais deste mes, unha vez que se adoptaron as adecuadas medidas de protección ante a avalancha de visitas que se espera na basílica compostelá. A raíña emérita presidiu o acto, ao que asistiron tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a presidenta do Congreso, Ana Pastor; o novo ministro de Cultura, José Guirao; o presidente da Fundación Barrié de la Maza, José María Arias; e o arcebispo de Santiago, Julián Barrio.
A restauración do Pórtico da Gloria iniciouse no ano 2008 despois de que a Fundación Barrié, pertencente ao antigo Banco Pastor, aprobase o financiamento dunha das obras máis complexas de Galicia, despois do éxito que supuxera a do coro pétreo do Mestre Mateo na década de 1990. As obras, que estiveron enfocadas non só a restauración senón tamén a eliminación das humidades e das filtracións de auga dende as cubertas, desvelan unha imaxe moi renovada do andar central —o pórtico consta de tres andares, a terra, o xuízo e a gloria— ao recuperar parte das pinturas orixinais.

O novo Pórtico da Gloria

O novo Pórtico da Gloria
- Irene Díez, ginecóloga: “La incontinencia urinaria no se soluciona con compresas, hay que acudir al médico”
- Sin fuegos artificiales ni alumbrado en las fiestas de Coia
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- Lista de espera para desbrozar fincas: «Hoy tuve que decir no a tres clientes»
- «Convivo con el dolor extremo por neuralgia del trigémino»
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- El instituto Rosais II logra la nota más alta de Galicia en la Selectividad
- El melanoma no siempre comienza con un lunar en la piel: síntomas y cómo detectarlo a tiempo