Silleda Solidaria recibe dúas novas doazóns de alimentos

Doazón de alimentos da categoría infantil da SD Bandeira.

Doazón de alimentos da categoría infantil da SD Bandeira. / REDACCIÓN

REDACCIÓN

O Concello de Silleda acaba de recibir dúas novas doazóns de alimentos que irán destinadas ao programa municipal Silleda Solidaria. Unha destas accións altruistas foi por parte dos pais e nais dos rapaces e rapazas da categoría infantil da SD Bandeira, que entregaron á concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, os productos non perecedoiros que decidiron doar.

A outra entrega é das persoas que acudiron á exposición fotográfica Berces de vida. De paseo polos bosques de España, que estivo entre o 8 de febreiro e o 5 de marzo no centro cultural Vista Alegre, da Bandeira. O goberno local que encabeza Paula Fernández Pena quere agradecer este tipo de iniciativas que buscan axudar ás familias con menos recursos.