Os maiores das Cruces pasan o Nadal con música, baile e bingo

Contarán con cabalgata de Reis e oficios relixiosos as fins de semana das festas

REDACCIÓN

Os maiores da Residencia Municipal de Vila de Cruces, logo de montar a árbore de Nadal nos pasados días, prepárase para un mes de decembro cargado de actividades, comezando pola elaoración de postais, e atos como a actuación do Grupo de Zumba Gold de Stradanza da Estrada o sábado ás 18.00 horas. A luns 18 terán un obradoiro de cociña ás 12.00 horas, mentres que o mércores tocará karaoke á mesma hora, seguido dun exercicio de memoria sobre o Nadal de antes o xoves a media mañá e un Bingo o venres ás 16.00 .

Na fin de semana de Noiteboa, o sábado 23 ás seis da terde haberá a actuación do Grupo de Música Popular Voces da Terra, e xa o domingo misa ás 11.30. O luns 25 tamén haberá oficios relixiosos ás 18.00 horas e mércores 27 repetirase o bingo a primeira hora da tarde, mentres que o xoves ás18.00 será a Banda Xuvenil da Escola Municipal de Música de Vila de Cruces a encargada de animar aos usuarios do centro.

Na víspera a fin de ano, á mesma hora, o grupo de baile “Punteirolo” sacaraos á pista, mentres que o domingo 31 terá lugar ás 11.30 horas a misa, que se repetirá por Aninovo o luns día de San Manuel ás 18.00 horas. Por último, o mércores ás 16.00 tocará bingo de novo, e o venres será día de cabalgata ás 18.00, para despedir as festividades cunha misa de reis o sábado 6 de xaneiro ás 11.30 horas.