Aradura parcial dunha mámoa en Nogueira

Veciños desta aldea de Doade procederon ao trazado de surcos para plantar de árbores no lado sur da mámoa da Cima da Arcela

Vista do túmulo. A aradura e posterior tapado da mesma localízase polo lado esquerdo da imaxe.

Vista do túmulo. A aradura e posterior tapado da mesma localízase polo lado esquerdo da imaxe. / Antonio Presas

antonio presas

A parroquia de San Pedro de Doade é coñecida, no mundo da Cultura Galega, pola gran transformación que experimentou e, sobre todo, pola aposta que fixeron desde o Museo Casa Patrón, un refrente etnográfico de primeiro grao a nivel autonómico.

As importantes actividades desenvoltas conlevaron á posta en valor de moitos bens culturais, en especial o castro de O Penedo (Castro de Doade), as mámoas da parroquia e as escasas estacións de “Arte Rupestre” que se atopan nesta zona, basicamente, xistosa e pouco apta para este tipo de manifestacións.

Panel da mámoa de Cima da Arcela.

Panel da mámoa de Cima da Arcela. / Antonio Presas

Pois ben, hai uns poucos días, de forma incomprensible, os veciños da aldea de Nogueira procederon ao trazado de surcos, para plantación de árbores, sobre o lado sur da mámoa da Cima da Arcela, localizada no alto do interfluvio Asneiro-río da Abeleda, a uns 667 metros de altitude. Trazaron tres surcos, separados uns doutros uns tres metros, pasando por encima do sector meridional do referido túmulo e abrindo uns 18 furados, no fondo dos surcos, para plantación de árbores, supostamente piñeiros.

Esta innecesaria e inxustificada agresión a unha mámoa perfectamente sinalizada por medio dun panel explicativo moi visible, situado no cruce de camiños que hai ao lado do megalito, resulta sorprendente, non só por tratarse dunha agresión a un ben patrimonial, senon, tamén por ser o vecindario desta parroquia un dos que máis destaca a nivel da Comarca de Deza na defensa e recoñecemento dos seus propiovalores patrimoniais.

Vista do túmulo, desde o lado sur, nun cruce de camiños.

Vista do túmulo, desde o lado sur, nun cruce de camiños. / Antonio Presas

Esta forma de proceder non parece típica dos habitantes de Doade, senon unha actuación irrespetuosa por parte da empresa que realizou os traballos no monte ou por quen dirixiu, desafortunadamente, tales traballos.

A mámoa afectada presenta un diámetro máximo duns 21 metros (dirección SO-NL) e unha altura máxima duns 2,40 metros, cun notorio cráter de violación debido, con toda seguridade, á busca de tesouros que tivo lugar nos séculos pasados. De todas formas, algúns veciños teñen afirmado que o burato que houbo no medio do túmulo funcionaba, no pasado, como un foxo para cazar lobos.

Coiraza

O traballo de aradura e escavación de buratos, posteriormente tapados (anulados) porque alguén debeu advertir de que iso era unha acción errática, temeraria e ilegal (contraria á lexislación), puxo ao descoberto a existencia dun posible “chanto xistoso” do corredor da cámara, orientada cara o SL, así como o levantado dalgunhas pequenas pedras que puideron pertencer a unha probable “coiraza pétrea” que recubriría, orixinariamente, o túmulo afectado.

Vista desde o lado sur, na que se aprecia como foron tapados os surcos e buratos abertos.

Vista desde o lado sur, na que se aprecia como foron tapados os surcos e buratos abertos. / Antonio Presas

As consecuencias deste feito anómalo puideron ser peores, como ten sucedido noutros sitios, caso do “henge de Outeiro Grande”, localizado en terreos dos veciños de Bermés e Abonxo. Neste caso os veciños de Abonxo procederon, hai dous anos, á plantación de eucaliptos na metade NL do henge sen miramentos de ningunha clase.

Suscríbete para seguir leyendo