Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A manda que canta ás lavandeiras

A Banda da Loba publica o single Tribo como avance do seu novo disco Xabón de Lagarta

Imaxe promocional de Tribo, último lanzamento de A Banda da Loba.

Os fans da Banda da Loba están de noraboa, o grupo musical conformado por Andrea e Marcela Porto (de A Estrada), Estela Rodríguez, Inés Mirás e Xiana Lastra vén de publicar o primeiro single do seu novo disco, Xabón de Lagarta. O tema, dispoñible na súa canle do youtube con videoclip propio e en todas as plataformas dixitais, titúlase Tribo e versa sobre as redes de coidados que se van tecendo entre as mulleres.

Seguindo a publicación desta primeira canción, a banda prevé publicar outras tres cos seus respectivos videoclips, sempre que os acontecementos o permitan, segundo apunta Marcela Porto, integrante a cargo da batería.

O nome deste novo álbum xa deixa entrever o fío conductor que atará cada unha das doce pezas que se contempla formen parte do lanzamento; Xabón de Lagarta é unha modificación do coñecido xabón de lagarto, empregado polas mulles galegas para lavar a roupa nos lavadoiros. Seguramente, moitas avoas ainda conservan nalgures esas pezas rectangulares e sólidas de xabón. Pero, como se vincula iso coa temática do último disco da Banda da Loba?

Ben, según achega a batería estradense, esta entrega “inspírase no universo vital das lavandeiras e neses espazos de lberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros”. Deste xeito búscase incidir no “sentimento de pertenza, de comunidade, de manda, eses espazos nos que as mulleres se abren e confían as unhas nas outras”.

“inspírase no universo vital das lavandeiras e neses espazos de lberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros”

decoration

Unha premisa que xa está presente en Tribo, como recolle a súa letra: “aquí estou para ti, aquí estás para min. Somos tribo, somos manda, bandoleiras do país!”.

Despois de que pandemia as privase da época máis esfervescente despois do lanzamento do seu disco Fábrica de Luz, a banda de folk galego agarda poder desfrutar ao máximo do que lles traia este novo proxecto: “despois do confinamento tivemos sorte en comparación a outros artistas e puidemos recuperar bastante a actividade, mais perdimos a mellor etapa tras a publicación do álbum. Non en tanto, en maio comezaremos a xira por Xabón de Lagarta e estamos moi ilusionadas”, apunta Marcela.

Efectivamente, parece que os galegos e as galegas teñen ganas de liberarse e esquecerse un pouco destes anos de restriccións e distancias, sempre con responsabilidade, e para iso a Banda da Loba xa ten algún as na manga co que sorprender ao seu público, se ben se manteñen reservadas ao respecto polo de agora.

Finalmente, Marcela anima á xente que a visite a canle de youtube e as plataformas dixitais para darlle unha escoita a Tribo, un tema de corte alegre que canta á irmandade e á sorodidade, valores que tanta falta fan nesta época individualista da sociedade.

Compartir el artículo

stats