Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Samuel Lema Ferreira | Director artístico e guionista

“O xénero de terror é perfecto para tratar temas de conflictos internos da persoa ”

“Estou traballando nunha curta sobre a matanza de Chantada e teño pensado que a rodaxe sexa en terras de San Andrés de Vea”

Samuel Lema Ferreira, nunha imaxe aportada por el mesmo. |

Samuel Lema Ferreira non é un descoñecido para o audiovisual galego, con títulos ás súas costas do calibre de O que arde, co que gañou o premio Mestre Mateo pola súa direción artística na producción. Porén, o que moitos descoñecen é que Lema é estradense e se ben se mudou a Pontevedra, onde reside actualmente, sendo un cativo, A Estrada ainda “lle tira”.

–O venres 28 vai visitar A Estrada para falar da súa curta Carne cruda, que nos pode contar dela?.

–É unha curta que fixen fai moitos anos, pero si é certo que no seu momento tivo moita repercusión e está considerada unha obra de culto dentro do terror. Estivemos en Sitges, no Festival de LIFF... foi unha curta moi barata ademais.

–Cal foi o seu último proxecto de grande envergadura?

–Fixen a dirección artística da película que vai agora ao Panic de A Estrada, Jacinto, de Javier Camino, e tamén O que arde de Oliver Laxe. Ademais estou envolto en varios proxectos actualmente, pero como inda estamos en fases moi iniciáticas non podo compartir demasiado. Máis adiante poderei dicir algo.

–Gústalle particularmente o xénero de terror?

–Penso que é perfecto, polo menos para min, para tratara temas de conflitos internos de persoas. Por exemplo a min gústame moito o cine baseado nunha personaxe por antonomasia da postmodernidade, que é o psicópata- calquera produción que trate con psicopatías a min interésame. De feito andamos agora con un proxecto baseado nos asasinatos en 1989 de Paulino Vázquez, en Chantada. Estamos entrevistando aos familiares das vítimas para documentarnos, se ben o obxectivo é tornalo en ficción.

–Ata agora dirixiu curtas, ou traballou con outros directores, pero teño entendido que está en vías de dirixir a súa propia película. Fáleme un pouco diso.

–Si, teño carto curtametraxes feitas e o certo é que o meu traballo está maioritariamente enmarcado nos departamentos de arte ou guión, que tamén escribín varios. Eu traballo moito coa produtora pontevedresa Matriuska, que traballa con Avalón, quizais a produtora máis importante de cine independente español e catalán. E agora estamos na busca de financiamento para levar a cabo unha longometraxe para a que fixen eu o guión. Chámase Lía, e sería a miña ópera prima.

"Estou en vías de realizar a miña ópera prima, un filme chamado Lía"

decoration

–Como é traballar no mundo do cine independente?

–Vexamos... o espazo audiovisual está evidentemente ocupado maioritariamente polo cine mainstream, pero está moi compaxinado. Sempre hai un tipo de cine para cada espectador, polo que creo que non vai deixar de existir e que seguirá crecendo no futuro. Eu síntome máis cómodo neste mundo, pero é certo que o traballo é máis precario. De todos xeitos, é como todo, un precisa vocación. Nesta clase de proxectos, dende a miña experiencia, unha parte importante é a creatividade, pero crucial son a produción e a loxística. Dende logo, un atópase con atrancos á hora de materializar dende a loxística algunhas ideas, e sempre debe terse en conta a seguridade das persoas que forman o equipo para o rodaxe desas escenas. Mais se se compren as normativas, se pon ganas e hai sorte, as diferentes complicacións que un se poida atopar son facilmente salvables.

–Agora pódese dicir que é vostede unha personalidade asentada no panorama audiovisual galego, mais como foron os seus inicios?

–Eu tiven a sorte de ter un profesor de linguaxe cinematográfica moi bo, que ademais está moi relacionado co novo cinema galego, porque ten unha visión un pouco máis ampla, Xosé Nogueira. Sempre me gustou o cine pero foi aí cando comecei a pensar que me gustaría dedicarme a iso. Rematei os estudos e comecei a traballar nunha serie aquí en Galicia e saíume a oportunidade de irme traballar a Dygra, así que os meus inicios foron no cine de animación, con xente como Rubén Ares, que estivo traballando ata fai pouco con John Lasseter, director de Pixar. En xeral, chamei a moitas portas e tiven sorte. Hoxe en día chéganme moitos currículos de xente nova que busca aprender, e se ben sempre que podo collo a algún en prácticas, eu mesmo estou no paro ás veces polo que non me é posible abrirlle as portas a todos, mais o que si fago é contestar. Lémbrome da sensación de frustración que me producía cando era eu ese rapaz que buscaba unha oportunidade, e nin sequera me contestaban para darme a negativa. Algo que, por certo, segue a pasar agora.

"Os meus inicios foron no cine de animación, pero chamei a moitas portas e tiven moita sorte"

decoration

–Volvendo ao Festival Panic, que lle parece que se leven a cabo esta clase de iniciativas nun concello como A Estrada?

–Paréceme unha ideaza, a verdade. Ademais, levan a xente moi boa. É interesante que se ofrezan alternativas deste tipo, proxectando producións que non están facilmente dispoñibles, como é o caso de “Jacinto.” Unha película dun presuposto relativamente baixo e que arrasou nos festivais de cine nacionais e internacionais. Eu estou encantado de participar.

–Ten pensado voltar a A Estrada para a rodaxe de algún traballo?

–Dende logo, eu síntome estradense, e as raíces tíranme moito. Sen ir máis lonxe, esa curta que mencionaba sobre a masacre de Chantada no 1989 vai ser gravada en terras de San Andrés de Vea, e teño pensado que o protagonista sexa Tito Asorey, acompañado dun elenco estradense.

Compartir el artículo

stats